— Ayudas a realización de objetivos agroambientales y climáticos. Hasta 14/02/2022.

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en gallego en “Documentación” y la Orden completa en español el enlace “Web”

ORDE do 21 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2022 e 2023 das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos na Rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. DOG 9, 14/01/2022.

FINALIDADE E OBXECTO

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras do réxime de axudas dirixidas a restaurar, preservar e mellorar a biodiversidade nas zonas Natura 2000, nos sistemas agrarios de alto valor natural, así como a mellorar o estado das paisaxes agrarias galegas dentro dos espazos da Rede Natura 2000 ou nas súas áreas de influencia socioeconómica.

Este obxectivo levarase a cabo por medio de proxectos que contribúan á mellora da paisaxe rural tradicional e dos seus elementos representativos e para o mantemento das condicións ambientais necesarias para a conservación ou recuperación de especies relacionadas co medio agrario e os seus hábitats. Incluiranse axudas destinadas a investimentos non produtivos necesarias para conseguir obxectivos ambientais, é dicir, investimentos que non dean lugar a un aumento significativo do valor ou a rendibilidade das explotacións agrícolas e que contribúan á mellora do carácter de utilidade pública das zonas Rede Natura 2000 de Galicia.

PERSOAS BENEFICIARIAS

1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

a) As persoas titulares de terreos agrícolas e forestais privados, entendendo por titular as persoas físicas ou xurídicas (agás sociedades mercantís, grupos de sociedades, agrupacións e unións temporais de empresas, cooperativas ou calquera outra entidade que exerza unha actividade económica) propietarias, arrendatarias ou xestoras de terras que realicen investimentos non produtivos necesarios para alcanzar os compromisos adquiridos baixo programas agroambientais ou outros obxectivos ambientais na Rede Natura 2000, ou aqueles que realicen investimentos nunha explotación que reforce o carácter de utilidade pública dunha zona Natura 2000.

b) Os concellos incluídos na Rede Natura 2000 na súa condición de xestores de elementos comúns da paisaxe agraria.

c) As asociacións ambientais e de custodia do territorio que sexan propietarias ou arrendatarias de terras agrícolas incluídas en áreas elixibles.

ACTIVIDADES SUBVENCIONADAS E IMPORTE

1. Poderán ser obxecto das axudas previstas nesta orde as seguintes actividades:

a) Actuacións dirixidas á mellora da paisaxe agraria ou actuacións de desenvolvemento de usos recreativos:

1º. Creación e/ou mellora de cercas, sebes, vexetación de lindes e bordos non cultivados nas parcelas agrícolas que incrementen o valor paisaxístico do territorio.

2º. Actuacións para a mellora da paisaxe rural, como a restauración de muros de cachotaría e cantaría.

3º. Restauración ou adecuación de carreiros rurais.

4º. Creación de rutas e áreas recreativas, así como os investimentos necesarios orientados a proporcionar o equipamento de información e interpretación adaptados ás características dos espazos naturais como elementos interpretativos, paneis informativos, observatorios ou elementos de análoga natureza asociados ás rutas ou ás áreas relacionados coa mellora do carácter de utilidade pública de Natura 2000 destinadas a visitantes ou habitantes;

5º. Sinalizacións de camiños e sendas sempre que contribúa a aumentar o coñecemento dos valores naturais ou facilite o percorrido no dito espazo.

b) Actuacións dirixidas á recuperación de elementos históricos ou culturais, representa tivos ou necesarios para o mantemento da paisaxe agraria tradicional:

1º. Rehabilitación de elementos históricos patrimoniais ou culturais, representativos nas explotacións agrícolas ou necesarios para contribuír ao mantemento da paisaxe rural tradicional: hórreos, milladoiros, cabanas, fontes, alvarizas, muíños ou fornos tradicionais sempre que non se empregue con uso habitacional. Realizarase dentro dos espazos naturais e conforme ao condicionado do anexo VI. Non serán elixibles os gastos de restauración de elementos do patrimonio histórico nin os arqueolóxicos, catalogados como bens de interese cultural ou incluídos en catálogos municipais.

c) Actuacións dirixidas á preservación dos hábitats ou ecosistemas naturais e seminaturais:

1º. Actuacións para a preservación de hábitats prioritarios ou de interese comunitario ou de hábitats de especies prioritarias, ameazadas ou de interese comunitario:

i. Creación de cercados naqueles casos en que sexa recomendable a limitación de acceso a persoas ou gando a unha determinada superficie para a protección das augas ou do solo, así como outras obras necesarias para facilitar a preservación dos hábitats ou das especies.
ii. Restauración de zonas húmidas, corrección de drenaxes e restauración de queirogais.
iii. Modificación de estruturas existentes para permitir o desprazamento da fauna salvaxe e outras actuacións de mellora da conectividade.
iv. Investimentos destinados á preservación da vexetación de ribeira e filtros verdes.
v. Eliminación de especies exóticas invasoras e restauración da vexetación característica do espazo.
vi. Modificación de estruturas existentes para permitir o desprazamento de fauna salvaxe, así como outras melloras da conectividade.
vii. Outras actuacións de diverso tipo que contribúan á preservación dos hábitats ou das especies. Por exemplo: Eliminación ou permeabilización de barreiras que permitan a conexión entre zonas que alberguen hábitats ou poboacións afectadas pola fragmentación.

Actuacións encamiñadas á protección dos refuxios de especies de quirópteros cavernícolas (peche de explotacións mineiras abandonadas con reixas adecuadas para o paso de morcegos ou corrección naquelas explotacións que, atopándose pechadas, sexan inadecuadas para estas especies, incluíndo a eliminación de lixo e recuperación da entrada).

Restauración de puntos de auga ou áreas asolagadas como zonas importantes para a flora e fauna acuáticas ou terrestres.
Colocación de refuxios artificiais para especies forestais dependentes de ocos ou gretas para a súa viabilidade, no caso de bosques con arboredo xove e sen as ditas aberturas ou fendas.

2º. Actuacións de preservación de ecosistemas naturais ou seminaturais (prados de sega, soutos…).

3. Concederase o 100 % do seu custo subvencionable, cun importe máximo de 20.000 euros/proxecto no caso das persoas beneficiarias do artigo 2.1.b) e de 12.000 € no caso das persoas beneficiarias referidas no artigo 2.1.a) e 2.1.c). Só se admitirá unha solicitude de axuda e un único proxecto por solicitante.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presntación remata o 14 de febreiro de 2022.

 

  • Facebook
  • Twitter

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA, con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo