RESUMEN ELABORADO POR
Pode consultar/descargar este resumen da Resolución e a Resolución completa en español no enlace “Web”
RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada pola COVID-19 (programa Cheques dixitalización COVID-19), susceptibles de ser financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento) |
FINALIDADE/OBXECTIVO
Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calesqueira das seguintes categorías:
– Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in / check-out
– Sistemas de control de aforo: cámaras, sensores, sistemas online sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.
– Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras
– Sistemas de control de normas de calidade Covid-19.
– Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation
– Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, notas de pedimentos
– Sistemas de cartelería electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral.
– Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para Hostalería (menús, cartas, )
– Sistemas de balizas
– Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados por Covid-19.
– Adaptación da presencia en internet ao efecto do Covid19, mediante elementos como “bots” de conversa autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas “pick and go” (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.
– Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.
– Solucións de mellora da ciberseguridade.
– De xeito excepcional, outros que poidan axudar á dita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.
Os proxectos deberán estar comprendidos entre os 1.500 euros e os 12.000 euros de gasto subvencionable, suxeitos aos límites entre partidas do artigo 5.
Cada entidade poderá solicitar o programa Cheques de dixitalización Covid19 unha única vez.
O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abranguerá desde o día seguinte ao peche da convocatoria anterior (1 de outubro de 2020) ata a data máxima de execución establecida na resolución de convocatoria, 15 de novembro de 2021. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable.
TIPOS DE APOIO
Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de mínimis. Beneficiarios potenciais
- Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas en algunha das seguintes categorías:
- a) Pequenas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 (inclúe autónomos que cumpran a condición de pequena empresa) que desenvolvan a súa actividade en calquera sector de servizos.
- b) As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Estas entidades deben cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014. Quedan excluídas desta epígrafe as entidades dedicadas aos sectores da pesca e da acuicultura, regulados polo Regulamento (CE) 104/2000 do Consello, e as entidades dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.
c) Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, agrupacións industriais, colexios profesionais, asociacións sindicais ou cámaras. En calquera caso, estas entidades deben cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.
INVESTIMENTOS OU GASTOS COMPUTABLES
- Serán subvencionables os investimentos e gastos que estean vinculados ao proxecto e que se materialicen nos conceptos que se relacionan a continuación.
- a) Activos dos seguintes tipos:
-Equipos informáticos, sensórica, wearables e outro equipamento electrónico.
– Licencias de Software estándar de mercado. Para comprobar que se trata dun produto, verificarase que existe unha páxina web pública dispoñible en internet onde, como mínimo, se expliquen as características do software e as condicións nas que se comercializa.
– Dispositivos de conectividade cando o traballo se desenvolva nunha zona rural na que se deban realizar gastos extraordinarios para adaptar a conexión a necesidades de acceso a redes.
- b) Gastos de subscrición a software como servizo estándar de mercado (comprobado como no punto anterior) aboados por parte do solicitante durante o período de gasto subvencionable. No caso de que o sistema de adquisición supere en un ano o fin do prazo de execución da axuda, o período restante descontarase do gasto subvencionable a pro rata.
- c) Colaboracións externas encamiñadas á adaptación e personalización dos sistemas dixitais e ao adestramento sobre a súa aplicación e uso.
A suma do gasto subvencionable nos apartados a e b non superará os 10.000 euros. O máximo de gasto subvencionable no apartado c será de 4.000 euros.
- Os activos (apartado 1.a) poderán ser adquiridos en propiedade ou utilizarse en réxime de arrendamento durante o período de execución do proxecto. Neste caso, o custo subvencionable será o importe das cotas satisfeitas, sen recargos, xuros ou outros custos adicionais.
- Os custos de adquisición de activos de segunda man poderán ser subvencionables sempre que cumpran os seguintes requisitos:
- a) Que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e de que non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.
- b) O prezo non sexa superior ao valor de mercado e sexa inferior ao custo dos bens novos similares, para o cal deberá achegarse certificado de taxador independente.
- Os bens, materiais e servizos obxecto do proxecto deberán ser contratados a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.
CONTÍA AXUDAS
A contía da axuda será do 80% dos importes indicados no artigo 5, co límite máximo de 9.600 euros por empresa ou o importe máximo de minimis que poida recibir de acordo co que establece o Regulamento (UE) 1407/2013.
PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.