— Ayudas a mejora de estructuras de producción de explotaciones. Plan estratégico de PAC (Feader). Hasta 22/03/2024

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.

ORDEN del 28 de diciembre de 2023 por la que se establecen as bases reguladoras de las ayudas destinadas a la mejora de las estructuras de producción de las explotaciones agrarias, en el marco del Plan estratégico de la política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas por el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader), y se convocan para el año 2024 (DOG Nº 14, 19/01/2024).

OBJETO Y FINALIDAD

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias en Galicia e convocadas para o ano 2024, contidas no Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (PEPAC), en réxime de concorrencia competitiva.

stas intervencións regúlanse mediante os seguintes procedementos administrativos:

a) MR404A Establecemento de persoas agricultoras mozas.
b) MR404B Establecemento de novos agricultores.
c) MR405D Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Explotacións agrarias.
d) MR405E Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Pequenas explotacións.
e) MR405F Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Explotacións agrarias.
f) MR405G Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Pequenas explotacións.

Intervención 6841 Ayudas a inversiones productivas en explotaciones agrarias vinculadas a contribuir a la mitigación-adaptación al cambio climático y uso eficiente de los recursos naturales

REQUISITOS DE LOS BENEFICIARIOS

Requisitos dos beneficiarios de axudas aos plans de melloras para agricultores

1. As persoas que desexen acceder ás axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais (procedementos MR405D e MR405E) deberán cumprir os seguintes requisitos

a) Ser titular/cotitular de explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou ben ser novo agricultor que se establece cun plan empresarial que inclúe actuacións en materia de mitigación-adaptación ao cambio climático e o ambiente, excepto no caso de persoa agricultora moza ou nova que solicita simultaneamente a axuda ao establecemento de persoas agricultoras mozas ou novas.

b) Ter polo menos 18 anos de idade, no caso de persoas físicas.

c) Ter capacitación profesional suficiente, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de establecemento de persoas agricultoras mozas ou novas. As persoas xurídicas deberán acreditar que, polo menos, o 50 % das persoas socias posúe a capacitación suficiente.

d) Que a súa actividade principal sexa a agraria.

e) Exercer a actividade agraria na explotación, así como manter os investimentos cofinanciados durante 5 anos, desde o pagamento final ao beneficiario ou 3 anos no caso de mantemento de investimentos ou de postos de traballo creados por pemes.

f) A solicitude ten que ser viable economicamente.

g) Non ter ningún expediente da axuda da submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas do PDR de Galicia 2014-2020, sen presentar a súa solicitude de pagamento na data de publicación desta orde

h) Non ter unha axuda concedida pola mesma intervención.

i) As comunidades de bens e as sociedades civís farán constar no anexo de solicitude os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles.

2. No caso de solicitantes do procedemento MR405D, deberán cumprir, ademais, que a explotación ten que ter unha dimensión suficiente que, como mínimo, se traducirá nunha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual.

3. No caso de solicitantes do procedemento MR405E, deberán cumprir, ademais, ser pequena explotación e residir no concello onde se atopa a explotación ou en concellos limítrofe

INVERSIONES ELEGIBLES

1. Serán investimentos elixibles os relacionados a continuación, con carácter limitativo:

a) Investimentos relacionados coa xestión eficiente de estercos e xurros (sistemas de almacenamento e/ou cubrición de almacéns de esterco ou xurro).

b) Investimentos en mellora da xestión e aproveitamento dos estercos e xurros:

a. Nitrificación-desnitrificación.
b. Separación sólido-líquido.
c. Compostaxe.
d. Dixestión anaerobia.

c) Investimentos en produción de enerxía renovable para uso exclusivo en autoconsumo na explotación: solar térmica, solar fotovoltaica, biomasa, eólica, aerotérmica ou xeotérmica.

d) Os custos xerais vinculados aos investimentos anteriores.

2. Nesta intervención non serán subvencionables os seguintes investimentos:
a) O IVE, as taxas, licenzas administrativas ou outros impostos.
b) Os xuros de débeda e os seus gastos
c) Os xuros de demora, recargas, multas coercitivas e sancións administrativas e penais.
d) Os gastos de procedementos xudiciais.
e) A adquisición de terreos por un importe superior ao 10 % do custo total elixible

3. Establécese o seguinte importe de investimento elixible mínimo:

a. Para o procedemento MR405D: 20.000 euros.
b. Para o procedemento MR405E: 5.000 euros.

PORCENTAJE Y CUANTÍA MÁXIMA DE LA AYUDA

1. O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 75 % en función da aplicación dos seguintes criterios:

a) 10 % cando os investimentos sexan realizados por unha persoa que cumpra as condicións de persoa agricultora moza. Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, máis do 50 % das persoas socias deberán ser persoas mozas.
b) 10 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais de montaña ou en Rede Natura 2000.
c) 10 % no caso de investimentos en explotacións de agricultura ecolóxica.
d) 5 % no caso de que a persoa titular da explotación sexa muller. Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, máis do 50 % das persoas socias deberán ser mulleres ou que as persoas socias mulleres acrediten máis do 50 % do capital social.

No caso de investimentos en explotacións intensivas, a axuda limitarase á porcentaxe de axuda base.

2. A contía máxima da axuda establécese en:

a) Para o procedemento MR405D: 40.000 euros.

b) Para o procedemento MR405E: 10.000 euros

Sección 2ª. Intervención 68412 Ayudas a inversiones en modernización y/o mejora de explotaciones agrarias

REQUISITOS DE LAS PERSONAS BENEFICIARIAS

1. As persoas que desexen acceder ás axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias (procedementos MR405F e MR405G) deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser titular/cotitular de explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto no caso de persoa agricultora moza ou nova que solicita simultaneamente a axuda ao establecemento de persoas agricultoras mozas ou novas.
b) Ter polo menos 18 anos de idade, no caso de persoas físicas.
c) Ter capacitación profesional suficiente, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de establecemento de persoas agricultoras mozas ou novas. As persoas xurídicas deberán acreditar que, polo menos, o 50 % das persoas socias posúe a capacitación suficiente.
d) Que a súa actividade principal sexa a agraria.
e) Exercer a actividade agraria na explotación, así como manter os investimentos cofinanciados durante 5 anos, desde o pagamento final ao beneficiario ou 3 anos no caso de mantemento de investimentos ou de postos de traballo creados por pemes.
f) A solicitude ten que ser viable economicamente.
g) Non ter ningún expediente da axuda da submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas do PDR de Galicia 2014-2020, sen presentar a súa solicitude de pagamento na data de publicación desta orde.
h) Non ter unha axuda concedida pola mesma intervención.
i) As comunidades de bens e as sociedades civís farán constar no anexo de solicitude os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles.

2. No caso de solicitantes do procedemento MR405F, deberán cumprir, ademais, que a explotación ten que ter unha dimensión suficiente que, como mínimo, se traducirá nunha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual.

3. No caso de solicitantes do procedemento MR405G deberán cumprir, ademais, ser pequena explotación e residir no concello onde se atopa a explotación ou en concellos limítrofes.

INVERSIONES ELEGIBLES

1. Serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade das explotacións. En particular:

a) A reforma ou construción de instalacións e compra de maquinaria que supoña una redución nos custos de produción ou un incremento da produtividade; o cumprimento de novas normas obrigatorias da Unión Europea; a mellora das condicións de seguridade laboral.
b) Compra de construcións agrarias en desuso.
c) Plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude froiteira (árbores e arbustos froiteiros)
d) A compra de terreos conforme o establecido no artigo 73.3.c) do Regulamento (UE) 2021/2115.
e) Os investimentos inmateriais asociados á realización dos investimentos materiais enumerados poderán comprender gastos xerais, licenzas de software u outros permisos.

Os investimentos para adaptarse a normas de obrigado cumprimento da Unión só serán subvencionables no período de gracia de 12-24 meses.

3. Establécese o seguinte importe de investimento elixible mínimo:

a. Para o procedemento MR405F: 20.000 euros.
b. Para o procedemento MR405G: 5.000 euros

PORCENTAJE Y CUANTÍA MÁXIMA DE LA AYUDA

1. O importe da axuda será do 30 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 % en función da aplicación dos seguintes criterios:

a) 10 % cando os investimentos sexan realizados por unha persoa que cumpra as condicións de persoa agricultora moza. Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, polo menos o 50 % das persoas socias deberán ser persoas mozas.

b) 10 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais de montaña ou en Rede Natura 2000.

c) 10 % no caso de investimentos en explotacións de agricultura ecolóxica.

d) 5 % no caso de que a persoa titular da explotacións sexa muller. Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, máis do 50 % das persoas socias deberán ser mulleres ou que as persoas socias mulleres acrediten máis do 50 % do capital social.

No caso de investimentos en explotacións intensivas, a axuda limitarase á porcentaxe de axuda base.

2. A contía máxima da axuda establécese en:

a) Para o procedemento MR405F: 300.000 euros.
b) Para o procedemento MR405G: 75.000 euros.

Poderá destinarse, como máximo, un 30 % deste importe á adquisición de maquinaria agrícola.

Sección 3ª. Intervención 69611 Establecimiento de agricultores jóvenes

REQUISITOS DE LAS PERSONAS BENEFICIARIAS

As persoas que desexen acceder ás axudas para o establecemento de persoas agriculturas mozas (procedementos MR404A) deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter entre 18 e 40 anos de idade, ambos incluídos.

b) Cumprir coas condicións necesarias para ser xefe de explotación por primeira vez ou tela cumprido nos 12 meses anteriores á solicitude da axuda (excepción para a incorporación nunha forma xurídica).

c) Cumprir a condición de agricultor profesional dentro dos 18 meses seguinte á data de establecemento.

d) A explotación en que se promove a instalación debe alcanzar unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia.

e) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente segundo se establece no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, no prazo máximo de 36 meses desde o momento do establecemento.

CUANTÍA MÁXIMA DE LA AYUDA

1. O importe da axuda será de 30.000 euros, que poderá incrementarse ata os 70.000 euros en función da aplicación dos seguintes criterios:

a) 10.000 euros por ser muller.
b) 10.000 euros por explotación localizada en zonas con limitacións naturais de montaña ou en Rede Natura 2000
c) 10.000 euros por explotación de agricultura ecolóxica.
d) 10.000 euros por titularidade compartida.

No suposto de que se instalen varias persoas simultaneamente na mesma explotación, os incrementos establecidos nas alíneas b), c) e d) repartiranse a partes iguais entre as persoas que se instalen.

2. No caso de incorporación en explotacións intensivas, a axuda limitarase a 30.000 euros.

Sección 4ª. Intervención 69612 Establecimiento de nuevos agricultores

REQUISISTOS DE LAS PERSONAS BENEFICIARIAS

As persoas que desexen acceder ás axudas para o establecemento de persoas agriculturas novas (procedemento MR404B) deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter entre 41 e 55 anos de idade, ambos incluídos.

b) Cumprir coas condicións necesarias para ser xefe de explotación por primeira vez ou tela cumprido nos 12 meses anteriores á solicitude da axuda.

c) A explotación en que se promove a instalación debe alcanzar unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia.

d) Posuír o nivel de capacitación profesional mínimo de 150 horas no prazo máximo de 36 meses desde o momento do establecemento. A acreditación da capacitación realizarase segundo se establece no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

e) Presentar un plan empresarial co seguinte contido mínimo.

CUANTÍA MÁXIMA DE LA AYUDA

1. O importe da axuda será de 25.000 euros, que poderá incrementarse ata os 55.000 euros en función da aplicación dos seguintes criterios:

a) 10.000 euros por ser muller.
b) 10.000 euros por explotación localizada en zonas con limitacións naturais de montaña.
c) 10.000 euros por explotación de agricultura ecolóxica.
d) 10.000 euros por titularidade compartida.
No suposto de que se instalen varias persoas simultaneamente na mesma explotación, os incrementos establecidos nas alíneas b), c) e d) repartiranse a partes iguais entre as persoas que se instalen.

2. No caso de incorporación en explotacións intensivas, a axuda limitarase a 25.000 euros.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

El prazo de presentación das solicitudes remata o 22 de marzo de 2024.

 

  • Facebook
  • Twitter