RESUMEN ELABORADO POR
Puede consultar/descargar la Resolución completa en gallego (PDF) en “Documentación” y en español en el enlace “Web”
— RESOLUCIÓN del 8 de enerro de 2020 por la que se le da publicidad al acuerdo del Consello de Dirección que aprueba las bases reguladoras de las ayudas a la internacionalización digital de las empresas gallegas (Galicia Exporta Dixital), y se procede a su convocatoria en régimen de concurrencia competitiva. IGAPE. DOG Nº 16, (24/01/2020).
OBJETO
Estas axudas teñen como obxecto apoiar as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital conscientes de que o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais supón un enorme potencial para a mellora da competitvidade nos mercados internacionais, considerando que o desenvolvemento de plans empresariais de internacionalización dixital repercuten nas posibilidades de negocio, posibilitando a presenza en mercados, facilitando o aceso a clientes, reducindo os custos de transacción e publicidade, e permiten abrir canles comerciais novos, achegando así medios máis eficaces para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións. O obxecto último destas bases é o desenvolvemento e a implementación dun plan de internacionalización dixital de empresa.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
- Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. En todo caso, a solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá presentarse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
c) Que estean ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
CONDICIONES DE LOS CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
1. Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por empresa, cun gasto subvencionable mínimo, igual ou superior a 25.000 € e máximo de 125.000 € por empresa. De superar este máximo, procederase a axustar o gasto a este límite máximo.
Consideraranse gastos subvencionables todos aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do plan para o cal foron concibidos. En concreto, subvenciónanse os seguintes tipos de gastos:
- A. Consultaría necesaria para a elaboración de:
a) Diagnóstico de potencial exportador dixital.
Esta análise debe, como mínimo, analizar a madurez dixital e internacional da empresa e xustificar as oportunidades dunha estratexia de internacionalización dixital para a empresa tendo en conta os seus recursos.
Gasto subvencionable máximo: 3.000 €
b) Plans de internacionalización dixital multicanle.
Estes plans deben incluír como mínimo unha investigación, avaliación e selección de mercados e canles de vendas tendo en conta o potencial exportador dixital da empresa e os seus recursos dispoñibles.
Gasto subvencionable máximo: 3.000 €.
c) Plans de mercados electrónicos concretos.
Estes plans deben de conter, como mínimo, a estratexia e as accións necesarias para deseñar, programar, conectar e posicionar tendas e catálogos on line multi-idioma. Así como unha análise SEO de web, catálogos on line e/ou tendas on line. Análise SEO por mercado xeográfico para Google e/ou buscadores de referencia (Baidu, Yandex para China e Rusia, por exemplo), e/ou SEO en marketplaces tipo Amazon, AliExpress, eBay.
Gasto subvencionable máximo: 5.000 €.
d) Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.
Aqueles que se relacionen directamente coa operativa dixital internacional como a adaptación ao Regulamento xeral de protección de datos e, en xeral, á operativa import-export no comercio electrónico.
Gasto subvencionable máximo: 5.000 €.
- B. Software de:
a) Soluciones tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management) para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multi-idioma.
Gasto subvencionable máximo: 6.000 €.
b) Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERPs).
Gasto subvencionable máximo: 25.000 €.
c) Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI´s) para o seguimento e optimización de canles de vendas e de márketing on line.
Gasto subvencionable máximo: 25.000 €.
d) Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment, por exemplo, para a venda preditiva e o aprovisionamento.
Gasto subvencionable máximo: 20.000 €.
e) Solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar a usuarios de interese obxectivo do negocio on line. Inclúese desde a compra das solucións tecnolóxicas, a súa integración e tamén a súa xestión como servizo a vendedores on line por parte de axencias.
Gasto subvencionable máximo: 6.000 €.
- C. Outros gastos de:
a) Creación e adaptación de tendas on line e catálogos on line para o márketing e vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C.
Gasto subvencionable máximo: 10.000 €.
b) Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais con buscadores e en plataformas.
Gasto subvencionable máximo: 10.000 €.
c) Servizos de call center internacionais para dar soporte á venda on line.
Gasto subvencionable máximo: 12.000 €.
CUANTÍA DE LA AYUDA Y CRITERIOS DE EVALUACIÓN Y SELECCIÓN DE SOLICITUDES
1. A subvención será dun máximo do 80 % dos gastos subvencionables recollidos no artigo 5, coa seguinte distinción dependendo do tipo de empresa solicitante:
a) Pemes: 80 %.
b) Empresas con ata 500 empregados: 70 %.
c) Empresas con máis de 500 empregados: 60 %.
2. Os proxectos que cumpran coas condicións necesarias serán avaliados de acordo co seguinte baremo xeral cunha base de puntuación de 100 puntos.
a) Dificultade para acometer o proceso de internacionalización e, polo tanto, maior necesidade do apoio. Máximo: 40 puntos.
Avaliarase tendo en conta o tamaño da empresa segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014; microempresa: 40 puntos; pequena empresa: 30 puntos; mediana empresa: 20 puntos; grande empresa: 10 puntos.
PLAZO DE SOLICITUD
Convocatoria | Inicio do prazo de presentación de solicitudes | Fin do prazo de presentación de solicitudes |
2020.1 | O día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia | 24.3.2020 |
2020.2 | 25.3.2020 | 25.5.2020 |