— Ayudas para daños por lobo. 2023.

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en «Documentación»(formato PDF, en gallego) y la orden completa en español en el enlace web. 

— ORDE do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2023. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. (DOG Nº 241, 21/12/2022).

OBXECTO E PRINCIPIOS

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023.

2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

PERSOAS BENEFICIARIAS

1. Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando que se especifica no anexo I e que fose afectado por ataques de lobos dentro da comunidade autónoma.

REQUISITOS

1. O gando danado polo que se solicita a axuda deberá cumprir cos seguintes requisitos:

a) Pertencer a unha persoa física ou xurídica titular dunha explotación gandeira inscrita na sección correspondente segundo o tipo de gando no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia.

b) O gando bovino, ovino e cabrún deberá cumprir cos requisitos sanitarios establecidos nos programas de control, vixilancia e erradicación de enfermidades que poden afectar as especies gandeiras de acordo coa normativa aplicable para o efecto.

No caso do gando porcino, deberá pertencer á raza Celta e cumprir cos requisitos sanitarios establecidos no Real decreto 599/2011, do 29 de abril, polo que se establecen as bases do Plan de vixilancia sanitaria do gando porcino, e no Real decreto 360/2009, do 23 de marzo, polo que se establecen as bases do Programa coordinado de loita, control e erradicación da enfermidade de Aujeszky.

c) Estar identificado de acordo coa normativa aplicable para o efecto e, no caso de gando porcino de raza Celta, deberán estar identificados individualmente e estar inscritos no Libro xenealóxico da raza.

ÁMBITO TEMPORAL

Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2022 ata o 30 de setembro de 2023.

COMUNICACIÓN DO DANO

1. Nas vinte e catro horas seguintes ao ataque no caso de gando en réxime intensivo e de tres (3) días no caso de gando en réxime semiextensivo ou extensivo, as persoas propietarias das reses deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará un código que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.

O horario hábil de atención telefónica é desde as 8.00 ata as 20.00 horas, de luns a venres, e desde as 8.00 ata as 17.30 horas, os sábados.
Para os danos constatados entre as 17.30 horas dos sábados e as 8.00 horas dos luns, a comunicación da constatación do ataque realizarase nas vinte e catro horas seguintes contadas desde as 20.00 horas do domingo.

Os animais mortos non poderán ser manipulados para non obstaculizar o labor investigador dos/as axentes que se despracen ao lugar para valorar os feitos e elaborar a correspondente acta. Para isto, tomaranse as medidas oportunas para evitar, no posible, a alteración do escenario do acto de depredación, evitando en todo caso o seu traslado do lugar dos feitos.

Os animais feridos poderán ser atendidos por persoal veterinario coa menor manipulación posible co obxecto de non entorpecer o labor investigador.

2. A partir do 1 de outubro de 2023 poderán realizarse comunicacións por danos de lobo de acordo co establecido nos parágrafos anteriores e a concesión de axudas quedará condicionada a unha nova convocatoria no ano 2024.

IMPORTE DAS AXUDAS

1. O importe das axudas por morte do gando figura no anexo I desta orde.

Este importe incrementarase nun 30 % cando afecte gando pertencente a explotacións gandeiras dos concellos recollidos no anexo III desta orde e nun 10 % no caso daquelas explotacións en que se comprobase a aplicación de medidas preventivas fronte aos ataques do lobo, e que fosen avaliadas como axeitadas pola comisión de valoración correspondente, de acordo co criterio que fixe ao respecto a Dirección Xeral de Patrimonio Natural para o período de vixencia desta orde.

2. No caso de animais feridos, a axuda estimarase en función dos gastos veterinarios producidos e acreditados (enténdese por gasto veterinario tanto a actuación do persoal profesional como o tratamento prescrito), nunha contía que en ningún caso poderá exceder o límite das contías previstas no anexo I desta orde.

ANEXO I

Baremo utilizado para el pago de ayudas por los ataques de lobo

EspecieClase e idadeCusto calidade normalCusto calidade selecta (*)Lucro cesante carne (femias)Lucro cesante leite (femias)
OvinoCordeiro < 12 meses77€98€
OvinoAdulto ≥ 12 meses e < 6 anos127 €138 €13 €147 €
OvinoAdulto ≥ 6 anos29 €34 €
CabrúnCabrito < 12 meses81 €121 €
CabrúnAdulto ≥ 12 meses e < 6 anos113 €145 €7 €223 €
CabrúnAdulto ≥ 6 anos29 €34 €

(*)Raza de ovino-caprino incluidas en el Catálogo oficial de razas de ganado de España (anexo I del Real Decreto 201/20228) o cualquier otra raza de ovino-caprino de línea pura.

 

EspecieClase e idadeCusto raza Celta
PorcinoLeitón < 3 meses91 €
PorcinoPorco ≥ 3 meses e < 6 meses152 €
PorcinoPorco ≥ 6 meses e < 9 meses202 €
PorcinoPorco da ceba ≥ 9 e < 12 meses303 €
PorcinoPorco da ceba ≥ 12 meses384 €
PorcinoReprodutoras364 €
PorcinoReprodutora preñada404 €
PorcinoReprodutor455 €

 

EspecieClase e idadeCusto rubia galega
Custo outras razas autóctonas *
Custo vacún leiteiro
Custo resto de reses de gando vacún
Lucro cesante carne (femias)
Lucro cesante leite (femias)
BovinoBecerro < 2 meses373 €440 €293 €293 €
BovinoBecerro ≥ 2 meses e < 4 meses469 €560 €373 €373 €
BovinoBecerro ≥ 4 meses e < 6 meses791 €1.025 €685 €685 €
BovinoBecerro ≥ 6 meses e < 1 ano805 €1.060 €708 €708 €
BovinoVacún ≥ 1 ano e < 2 anos1.075 €1.405 €1.172 €938 €
BovinoVacún ≥ 2 anos e < 6 anos1.332 €1.999 €1.774 €1.223 €97 €1.387 €
BovinoVacún ≥ 6 anos e < 9 anos1.065 €1.464 €977 €977 €97 €1.387 €
BovinoVacún ≥ 9 anos369 €798 €534 €534 €97 €1.387 €

(*) Outras razas bovinas autóctonas de Galicia: cachena, caldelá, vianesa, limiá e frieiresa.

EquinoAsnal ≥ 1 ano e < 10 anos222 €EquinoAsnal ≥ 10 anos167 €EquinoMular 1 ano111 €EquinoMular ≥ 1 ano e < 10 anos333 €EquinoMular ≥ 10 anos248 €

EspecieClase e idadeCusto pura raza galegaCusto outros cabalos
EquinoPoldro < 2 meses242 €194 €
EquinoPoldro ≥ 2 meses e < 4 meses316 €242 €
EquinoPoldro ≥ 4 meses e < 6 meses440 €366 €
EquinoPoldro ≥ 6 meses e < 1 ano660 €551 €
EquinoEquino ≥ 1 ano e < 2 anos704 €601 €
EquinoEquino ≥ 2 anos e < 10 anos880 €660 €
EquinoEquino ≥ 10 anos660 €498 €
EquinoAsnal < 1 ano67 €
  • Facebook
  • Twitter