— Ayudas a Agrupaciones de Defensa Sanitaria Ganaderas. Hasta 15/02/2024

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF, en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.

ORDEN de 22 de diciembre de 2023 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas a las entidades reconocidas como agrupaciones de defensa sanitaria ganaderas (ASDG) de Galicia y se convocan para el año 2024-2025. Consellería de Medio Rural. (DOG Nº 10, 15/01/2024).

OBJETO

A orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras para a realización das actuacións sanitarias establecidas no anexo V da presente orde

3. Así mesmo, por medio desta orde convócase a devandita axuda para anualidade 2024-2025 de conformidade co establecido no Real Decreto 81/2015, de 13 de febreiro, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións estatais destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.

FINALIDAD DE LAS AYUDAS

1. A finalidade destas axudas é a mellora do status sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns e obrigatorios para a prevención e control de enfermidades dos animais.

2. Os programas sanitarios comezarán o 1 de marzo de 2024 e rematarán o 28 de febreiro de 2025, e deberán incluír como mínimo as actuacións sanitarias dos programas sanitarios marco obrigatorios establecidos no anexo VII

GASTOS SUBVENCIONABLES

Son gastos subvencionables os recollidos nas seguintes liñas:

1. Os derivados da contratación de servizos técnicos veterinarios ou a remuneración do persoal veterinario responsable das agrupacións para a realización das actuacións sanitarias establecidas nos programas sanitarios marco recollidos no anexo V.

Poderá subvencionarse a contratación ou remuneración de máis dunha persoa veterinaria responsable por ADSG.

2. Os derivados da compra do seguinte material funxible utilizado para o desenvolvemento do programa sanitario:
– Luvas, calzas ou similares.
– Tubos, agullas, campás e demais dispositivos desbotables para extracción de sangue ou tecido de orella.

Consideraranse gastos subvencionables os que sexan realizados a partir do 1 de marzo de 2024 ata o 28 de febreiro de 2025.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades asociativas agrarias que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar oficialmente recoñecidas como ADSG e, polo tanto, inscritas no rexistro de ADSG de Galicia antes da finalización do prazo de solicitude establecido na presente orde, e que manteñan as condicións do recoñecemento ao longo de todo o período de execución da axuda.

Quedan excluídas da condición de beneficiarias as ADSG formadas exclusivamente por cebadeiros de gando vacún.

b) Comprometerse na execución dun programa sanitario común que incluirá, como mínimo, o programa sanitario marco obrigatorio establecido no anexo VII da presente orde.

c) Estar integradas por explotacións de produtores gandeiros en actividade, e que as ditas explotacións teñan a condición de pemes (pequenas e medianas empresas) de acordó co establecido no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior na aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.

As explotacións que integren as agrupacións deberán estar inscritas no rexistro especificado no artigo 3 do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

A cuantificación das axudas realizarase seguindo os seguintes criterios:

1) Para a contratación dos servizos técnicos veterinarios ou a remuneración do persoal facultativo veterinario responsable da supervisión e execución do programa sanitario, establécese:

a) Subvencionarase un máximo de 21.200 euros por cada persoa veterinaria con dedicación a xornada completa e un máximo de 8.600 euros por cada persoa veterinaria con dedicación a xornada parcial, ou no caso da contratación dos servizos técnicos veterinarios.

No caso de que unha persoa veterinaria traballe para máis dunha ADSG, a axuda a percibir nunca poderá superar o importe establecido no parágrafo anterior para unha relación contractual a tempo parcial.

b) En todas as ADSG, para acadar os importes indicados no punto anterior, computaranse as seguintes unidades de gando maior (en diante, UGM) por cada persoa veterinaria en función da relación contractual que teña coa ADSG:

Especie ADSG Personal vet. a *XC Personal vet. a *XP Empresas servizos vet.
Bovino 4.000 UGM 2.000 UGM 2.000 UGM
Bovino montaña 3.300 UGM 1.650 UGM 1.650 UGM
Ovino/cabrún 2.000 UGM 1.000 UGM 1.000 UGM
Porcino 10.000 UGM 5.000 UGM 5.000 UGM
Aves 10.000 UGM 5.000 UGM 5.000 UGM
Coellos 10.000 UGM 5.000 UGM 5.000 UGM
Visóns 10.000 UGM 5.000 UGM 5.000 UGM
*XC: a tempo completo; XP: a tempo parcial.

No caso de non acadar as UGM mencionadas, a axuda reducirase proporcionalmente.

c) O total do importe de subvención motivada por contratación de persoal veterinario non poderá superar un importe máximo que resultará de multiplicar o número de unidades de gando maior (UGM) da ADSG polo seguinte valor en cada caso:

1º. ADSG de vacún: 6,12.
2º. ADSG de ovino e cabrún: 8,5.
3º. ADSG de porcino: 2,3.
4º. ADSG de avicultura: 1.
5º. ADSG de cunicultura: 1,6.
6º. ADSG de visóns e outras especies: 0,6.

Os valores de UGM de cada especie animal tidos en conta para os cálculos nestas axudas serán os establecidos regulamentariamente, publicados oficialmente (Decreto 91/2001, do 19 de abril, polo que se regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras en Galicia, publicado no DOG do 8 de maio 2001).

Para o cálculo do importe máximo, teranse en conta as UGM en función do censo que conste de alta para cada unha das ADSG beneficiarias na base de datos da Consellería do Medio Rural á data de remate do prazo de solicitude da axuda.

2. Compra de material funxible para o desenvolvemento do programa sanitario da ADSG. Poderase solicitar por esta liña ata o importe máximo resultante da multiplicación das UGM totais da ADSG polo coeficiente de 0,15. A cantidade máxima que se percibirá por ADSG nesta liña de axuda será de 4.000 €.

JUSTIFICACIONES

1. Consideraranse gastos subvencionables, aos efectos previstos na presente orde, aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo desde o 1 de marzo de 2024 ata o 28 de febreiro de 2025.

Para subvencionar, considérase gasto realizado o que foi efectivamente pagado.

2. Os gastos realizados polo beneficiario final deberán xustificarse mediante facturas ou nóminas. Nos casos en que isto non sexa posible e que non existan facturas, os gastos xustificaranse por medio de documentos contables de valor probatorio equivalente.

PLAZOS PARA JUSTIFICAR

Ata o 10 de decembro de 2024, xustificarase o gasto subvencionable realizado pola ADSG ata o 30 de novembro de 2024. O resto do gasto subvencionable realizado ata o 28 de febreiro de 2025, poderá xustificarse ata o 10 de marzo de 2025

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

El plazo de presentación de solicitudes termina el 15 de febrero de 2024.

 

  • Facebook
  • Twitter