RESUMEN ELABORADO POR
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y la orden completa en el enlace “Web”
— ORDEN de 30 de diciembre de 2020 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas a las entidades reconocidas como agrupaciones de defensa sanitaria ganadera (ADSG) de Galicia y se convocan para el año 2021-2022. Consellería de Medio Rural. DOG Nº 13, 21/01/2021.
OBJETO
A orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras para a realización das actuacións sanitarias establecidas no anexo V da presente orde
3. Así mesmo, por medio desta orde convócase a devandita axuda para anualidade 2021-2022 de conformidade co establecido no Real decreto 81/2015, de 13 de febreiro, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións estatais destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.
FINALIDAD DE LAS AYUDAS
1. A finalidade destas axudas é a mellora do status sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns e obrigatorios para a prevención e control de enfermidades dos animais.
2. Os programas de planificación zoosanitaria comezarán o 1 de marzo de 2021 ou na data de presentación da solicitude de axudas se esta for posterior e rematarán o 28 de febreiro de 2022, e deberán incluír como mínimo as actuacións sanitarias dos programas sanitarios marco obrigatorios establecidos no anexo V
GASTOS SUBVENCIONABLES
Son gastos subvencionables os recollidos nas seguintes liñas:
1. Os derivados da contratación de servizos técnicos veterinarios ou a remuneración do persoal veterinario responsable das agrupacións para a realización das actuacións sanitarias establecidas nos programas sanitarios marco recollidos no anexo V.
Poderá subvencionarse a contratación ou remuneración de máis dunha persoa veterinaria responsable por ADSG.
2. Os derivados da compra do seguinte material funxible utilizado para o desenvolvemento do programa sanitario:
– Luvas, calzas ou similares.
– Tubos, agullas, campás e demais dispositivos desbotables para extracción de sangue ou tecido de orella.
Consideraranse gastos subvencionables os que sexan realizados a partir do 1 de marzo de 2021 ata o 28 de febreiro de 2022, ou desde a presentación da solicitude ante a autoridade competente en materia de sanidade animal, se esta é posterior á data do 1 de marzo de 2021.
BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades asociativas agrarias que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar oficialmente recoñecidas como ADSG e, polo tanto, inscritas no rexistro de ADSG de Galicia antes da finalización do prazo de solicitude establecido na presente orde, e que manteñan as condicións do recoñecemento ao longo de todo o período de execución da axuda.
Quedan excluídas da condición de beneficiarias as ADSG formadas exclusivamente por cebadeiros de gando vacún.
b) Comprometerse na execución dun programa sanitario común que incluirá, como mínimo, o programa sanitario marco obrigatorio establecido no anexo V da presente orde.
c) Estar integradas por explotacións de produtores gandeiros en actividade, e que as ditas explotacións teñan a condición de pemes (pequenas e medianas empresas) de acordó co establecido no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior na aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.
As explotacións que integren as agrupacións deberán estar inscritas no rexistro especificado no artigo 3 do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras.
CUANTÍA DE LAS AYUDAS
A cuantificación das axudas realizarase seguindo os seguintes criterios:
1) Para a contratación dos servizos técnicos veterinarios ou a remuneración do persoal facultativo veterinario responsable da supervisión e execución do programa sanitario, establécese:
a) Subvencionarase un máximo de 20.200 euros por cada persoa veterinaria con dedicación
a tempo completo para o desenvolvemento do programa sanitario da agrupación, e un máximo de 8.300 euros por cada persoa veterinaria responsable do programa sanitario a tempo parcial, ou no caso da contratación dos servizos técnicos veterinarios (empresa).
No caso de que unha persoa veterinaria traballe para máis dunha ADSG, a axuda a percibir nunca poderá superar o importe establecido no parágrafo anterior para unha relación contractual a tempo parcial.
b) No caso das ADSG de gando bovino, para acadar os importes indicados no punto anterior, computarase un mínimo de 3.300 UGM por cada persoa veterinaria con dedicación a tempo completo ao programa sanitario da ADSG, e un mínimo de 1.650 UGM por cada persoa veterinaria con dedicación a tempo parcial, ou cando se contraten os servizos técnicos veterinarios dunha empresa, reducíndose proporcionalmente a axuda da entidade no caso de non acadarse as UGM mencionadas. Se a ADSG conta con varias persoas veterinarias, para o cálculo da axuda a adxudicar asignaranse tanto as UGM mínimas sinaladas como os importes a percibir por persoa veterinaria segundo a prelación destas establecida pola propia entidade no orzamento solicitado, realizándose a redución proporcional na última delas en que se asignen as UGM da agrupación por debaixo dos límites indicados.
c) O total do importe de subvención motivada por contratación de persoal veterinario non poderá superar un importe máximo que resultará de multiplicar o número de unidades de gando maior (UGM) da ADSG polo seguinte valor en cada caso:
1º. ADSG de vacún: 6,12.
2º. ADSG de ovino e cabrún: 7,5.
3º. ADSG de porcino: 1,7
4º. ADSG de avicultura: 0,9.
5º. ADSG de cunicultura: 1,5.
6º. ADSG de acuicultura continental: 3.
7º. ADSG de visóns e outras especies: 0,5.
Os valores de UGM de cada especie animal tidos en conta para os cálculos nestas axudas serán os establecidos regulamentariamente, publicados oficialmente (Decreto 91/2001, do 19 de abril, polo que se regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras en Galicia, publicado no DOG do 8 de maio 2001).
Para o cálculo do importe máximo, teranse en conta as UGM en función do censo que conste de alta para cada unha das ADSG beneficiarias na base de datos da Consellería do Medio Rural á data de remate do prazo de solicitude da axuda.
2. Compra de material funxible para o desenvolvemento do programa sanitario da ADSG. Poderase solicitar por esta liña ata o importe resultante da multiplicación das UGM totais da ADSG polo coeficiente de 0,10, excepto as ADSG de aves, cuxo coeficiente a multiplicar as UGM será de 0,005, cun máximo de axuda a percibir por ADSG de 4.000 €.
JUSTIFICACIONES
1. Consideraranse gastos subvencionables, aos efectos previstos na presente orde, aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido ata o 28 de febreiro de 2022.
Para subvencionar, considérase gasto realizado o que foi efectivamente pagado.
2. Os gastos realizados polo beneficiario final deberán xustificarse mediante facturas ou nóminas. Nos casos en que isto non sexa posible e que non existan facturas, os gastos xustificaranse por medio de documentos contables de valor probatorio equivalente.
PLAZOS PARA JUSTIFICAR
1. Ata o 10 de decembro de 2021 xustificarase o gasto subvencionable realizado pola ADSG ata o 30 de novembro de 2021. O resto do gasto subvencionable realizado ata o 28 de febreiro de 2022 poderá xustificarse ata o 10 de marzo de 2022.
2. Co anexo I, as ADSG deberán solicitar no momento da solicitude da axuda (anexo I) o anticipo do 44,17907 % do total da subvención autorizada, suxeito ás dispoñibilidades orzamentarias vixentes. O importe total correspondente aos anticipos non poderá superar o crédito orzamentario previsto para a anualidade 2021.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
El plazo de presentación de solicitudes finalizará el 22 de febrero de 2021.