— Ayuda: elaborar y comerciar productos vitivinícolas. Hasta 29/01/2021.

Agaca
Por Agaca enero 15, 2021 13:20

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en «Documentación» (formato PDF, en gallego) y a Orden completa en el enlace «Web»

ORDEN de 23 de diciembre de 2020 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas para las inversiones para la elaboración y comercialización de productos vitivinícolas para el período 2019-2023, financiadas por el Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), y se convocan para el ejercicio presupuestario de 2021 . Consellería do Medio Rural. DOG Nº 6, 12/01/2021.

OBJETO Y ÁMBITO DE APLICACIÓN

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de investimentos no sector vitivinícola en Galicia establecidas no programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español, e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2021. O código do procedemento é MR361A.

BENEFICIARIOS

1. Poderán ser beneficiarios da medida de investimentos:

a) As empresas vitivinícolas que no momento da solicitude produzan ou comercialicen os produtos recollidos no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, producidos en territorio español, ou que, como consecuencia da execución da operación obxecto da solicitude de axuda, comencen esa produción ou comercialización. Para estes efectos, entenderase como empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan actividades a título individual, as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular. As comunidades de bens quedan incluídas na definición de empresa. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.
b) As organizacións de produtores vitivinícolas, recoñecidas consonte o artigo 152 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
c) As asociacións de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
d) As organizacións interprofesionais.

ACTUACIONES, OPERACINES Y GASTOS SUBVENCIONABLES

1. Serán admisibles as operacións relativas a investimentos tanxibles ou intanxibles que axuden a acadar polo menos un dos obxectivos estratéxicos seguintes:

a) Fomentar a agrupación dos primeiros elos da cadea alimentaria mediante a integración das entidades asociativas e o asociacionismo agrario.
b) Fomentar a sustentabilidade integral das industrias nos seus ámbitos económico, social e ambiental.
c) Fomentar os procesos sustentables desde o punto de vista medioambiental a través do aforro de enerxía, a eficiencia enerxética global, a utilización de enerxías renovables e a valorización e tratamento dos residuos.
d) Fomentar a certificación ambiental das instalacións das empresas vitivinícolas.
e) Fomentar a produción ecolóxica.
f) Fomentar os produtos acollidos a réximes de calidade e os pagamentos de uva por calidade.
g) Favorecer o incremento da dimensión empresarial.
h) Favorecer a participación dos viticultores e elaboradores na cadea de valor.
i) Fomentar os investimentos en comercialización.
j) Fomentar a innovación e a implantación de novos produtos e novas presentacións.
k) Impulsar a introdución das tecnoloxías dixitais nas empresas (industria conectada 4.0).
Para a consecución dos ditos obxectivos estratéxicos, en cada operación deberán identificarse un ou varios dos obxectivos xerais cuxa relación non exhaustiva se presenta no anexo I. No suposto de que algún dos obxectivos xerais dunha operación concreta non se encontre recollido nesta relación, o dito obxectivo deberá ser especificado polo solicitante.

2. Serán subvencionables os seguintes tipos de gastos:

a) Construción, adquisición ou mellora de bens inmobles,
b) Compra de nova maquinaria e equipamentos ata o valor de mercado do produto,
c) Custos xerais vinculados aos gastos determinados nas letras a) e b), tales como honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, así como estudos de viabilidade, co límite do 8 % do orzamento aprobado para a operación de investimento.
d) A adquisición ou o desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador e a adquisición de patentes, licenzas, dereitos de autor e o rexistro de marcas colectivas.

3. Non serán subvencionables os gastos descritos no anexo II desta orde.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

As porcentaxes máximas de axuda serán as seguintes:

Tipo de empresa solicitante
Microempresas, pequenas e medianas empresas (en diante, pemes) Empresas non pemes con menos de 750 empregados ou cuxo volume de negocios sexa inferior a 200 mill. € Empresas non pemes con 750 ou máis empregados e cuxo volume de negocios sexa igual ou superior a 200 mill. €
40% 20% 10%

Cando o solicitante sexa unha asociación de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sen actividade económica, o cálculo da axuda farase proporcionalmente á participación de cada un dos produtores no investimento, de acordo co tipo de axuda que tería cada produtor de forma independente.

4. Para os investimentos noutros países da Unión Europea, terase en conta a súa localización para determinar a porcentaxe de axuda, de acordo cos tipos de axuda establecidos nos números anteriores

EL PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

El plazo de presentación de solicitudes terminará el 29 de enero de 2021.