—Ayudas daños lobo. Durante 2022

Agaca
Por Agaca diciembre 30, 2021 11:18

Información de la ayuda

Activa
  • Descarga:

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

 

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden y la Orden completa en español el enlace «Web»

ORDEN del 20 de diciembre de 2021 por la que se establecen las bases reguladoras de las  ayudas para paliar los daños producidos por el lobo y se  convocan para el año 2022. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. (DOG  Nº 249 29/12/2021)

OBJETO

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2022.
2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

BENEFICIARIOS

Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando que se especifica no anexo I e que fose afectado por ataques de lobos dentro da comunidade autónoma.

REQUISITOS

1. 1. O gando danado polo que se solicita a axuda deberá cumprir cos seguintes requisitos:

a) Pertencer a unha persoa física ou xurídica titular dunha explotación gandeira inscrita na sección correspondente segundo o tipo de gando no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia.
b) O gando bovino, ovino e cabrún deberá cumprir cos requisitos sanitarios establecidos nos programas de control, vixilancia e erradicación de enfermidades que poden afectar as especies gandeiras de acordo coa normativa aplicable para o efecto.
No caso do gando porcino, deberá pertencer á raza Celta e cumprir cos requisitos sanitarios establecidos no Real decreto 599/2011, do 29 de abril, polo que se establecen as bases do Plan de vixilancia sanitaria do gando porcino, e no Real decreto 360/2009, do 23 de marzo, polo que se establecen as bases do Programa coordinado de loita, control e erradicación da enfermidade de Aujeszky.
c) Estar identificado de acordo coa normativa aplicable para o efecto e, no caso de gando porcino de raza Celta, deberán estar identificados individualmente e estar inscritos no Libro xenealóxico da raza.

ÁMBITO TEMPORAL

Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022.

COMUNICACIÓN DO DANO

  1. O horario hábil de atención telefónica é desde as 8.00 ata as 20.00 horas, de luns a venres, e desde  as 8.00 ata as 17.30 horas, os sábados. Nas vinte e catro horas seguintes ao ataque no caso de gando en réxime intensivo e de tres  (3) días no caso de gando en réxime semiextensivo ou extensivo, as persoas propietarias das  reses deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda  mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará un código  que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente. 

Para os danos constatados entre as 17.30 horas dos sábados e as 8.00 horas dos luns, a  comunicación da constatación do ataque realizarase nas vinte e catro horas seguintes contadas  desde as 20.00 horas do domingo. 

Os animais mortos non poderán ser manipulados para non obstaculizar o labor investigador dos/as  axentes que se despracen ao lugar para valorar os feitos e elaborar a correspondente acta. Para isto,  tomaranse as medidas oportunas para evitar, no posible, a alteración do escenario do acto de  depredación, evitando en todo caso o seu traslado do lugar dos feitos. 

Os animais feridos poderán ser atendidos por persoal veterinario coa menor manipulación posible co  obxecto de non entorpecer o labor investigador. 

  1. A partir do 1 de outubro de 2022 poderán realizarse comunicacións por danos de lobo de acordo  co establecido nos parágrafos anteriores e a concesión de axudas quedará condicionada a unha  nova convocatoria no ano 2023
Importe das axudas
  1. O importe das axudas por morte do gando figura no anexo I desta orde. 

Este importe incrementarase nun 30 % cando afecte gando pertencente a explotacións  gandeiras dos concellos recollidos no anexo III desta orde e nun 10 % no caso daquelas  explotacións en que se comprobase a aplicación de medidas preventivas fronte aos ataques  do lobo, e que fosen avaliadas como axeitadas pola comisión de valoración correspondente, de  acordo co criterio que fixe ao respecto a Dirección Xeral de Patrimonio Natural para o período de  vixencia desta orde. 

  1. No caso de animais feridos, a axuda estimarase en función dos gastos veterinarios producidos e  acreditados (enténdese por gasto veterinario tanto a actuación do persoal profesional como o  tratamento prescrito), nunha contía que en ningún caso poderá exceder o límite das contías previstas  no anexo I desta orde
Prazo de presentación de solicitudes

Os prazos de presentación da solicitude de axuda serán os seguintes: 

  1. a) Para os danos comunicados entre o 1 de outubro de 2021 e a entrada en vigor desta orde, o  prazo de presentación será dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde. 

É requisito imprescindible que se comunicase previamente o ataque do xeito e no prazo previsto na  Orde do Orde do 16 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas  para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2021. 

  1. b) Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde o prazo de presentación será  de 1 mes contado desde o día seguinte ao da comunicacióndo dano.