— Ayudas uso de maquinaria en régimen asociativo. Hasta 19/07/2024

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden  en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.

— ORDEN del 7 de junio de 2024 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas para el fomento de la utilización de maquinaria agrícola en régimen asociativo en Galicia, financiadas con el Instrumento de Recuperación de la Unión Europea (EURI) en el marco del Programa de desarrollo rural (PDR) de Galicia 2014-2020, y se convocan para el año 2024. Conselleria del Medio Rural. DOG Nº 118, 19/06/2024.

OBJETO

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo no marco do PDR de Galicia 2014-2020, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), cunha participación do 100 % de fondos da UE, dentro da medida 4 Investimentos en activos físicos, submedida 4.18 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, así como convocalas para o ano 2024.

Esta axuda ten como finalidade:
a) Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.
b) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.
c) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios das axudas reguladas nesta orde:
• Cooperativas agrarias con sección/servizo de maquinaria.
• Cooperativas de utilización de maquinaria en común (CUMA).
• Cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade.
• SAT procedente de fusión de polo menos dúas explotacións, nos últimos 5 anos naturais.

INVERSIONES SUBVENCIONABLES

1.- Os investimentos subvencionables son os seguintes:

a) Maquinaria agrícola.
b) Estudos técnico-económicos de viabilidade.

2.- Non se subvencionarán:

a) A mera reposición ou adquisición de maquinaria de segunda man ou usada.
b) Non se considerarán subvencionables o IVE e outros impostos.
c) Os investimentos en maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais, nin máquinas de pequena significación para os efectos do conxunto dos socios da agrupación.
d) A maquinaria e os equipamentos de carácter forestal.
e) Colleitadoras de forraxes cun uso previsto menor de 500 horas anuais.
f) A maquinaria de aplicación de xurro mediante sistemas de prato, abano ou canóns.

3.- En aplicación da moderación de custos, fíxase en 1 000 € o custo elixible para os estudos técnicos-económicos de viabilidade.

4.- Establécese un investimento elixible mínimo de 20 000 € para poder ser subvencionable. O volume total do investimento elixible máximo subvencionable para cada beneficiario será de 600.000 €.

COMIENZO DE LA SUBVENCIONABILIDAD

Serán subvencionables os gastos efectuados con posterioridade á presentación da solicitude da axuda en tempo e forma tras a correspondente convocatoria pública, tendo en conta que a simple presentación da solicitude en ningún modo garante a súa aprobación.

CUANTÍA ECONÓMICA DE LAS AYUDAS

O importe da axuda será do 35 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 50 % en función da aplicación dos seguintes criterios:

1.- 5 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013.

2.- 10% no caso de investimentos colectivos, cando o beneficiario procede dunha fusión.

CRITERIOS DE SELECCIÓN DE OPERACIONES

1.- Ordenaranse as solicitudes presentadas de acordo cos criterios de prioridade indicados neste artigo e aprobaranse os proxectos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible.

Criterio Parámetros Documentación Verificación sectorial Ponderación
1. Tipoloxía da entidade solicitante Cooperativa agraria con sección/servizo de maquinaria Solicitude Inscrición no rexistro 5 puntos
Cooperativa de utilización de maquinaria en común CUMA Solicitude Inscrición no rexistro 4 puntos
SAT Solicitude Inscrición no rexistro 3 puntos
2. Valor contable do parque de maquinaria ≥ 2 000 000 € Solicitude 3 puntos
< 2 000 000 € e ≥ 1 000 000 € Solicitude 2 puntos
< 1 000 000 € e > 500 000 € Solicitude 1 punto
3. Facturación media dos socios nos tres anos previos ≥ 1 000 000 € Balance e conta de resultados 3 puntos
< 1 000 000 € e ≥ 500 000 € Balance e conta de resultados 2 puntos
< 500 000 € e > 100 000 € Balance e conta de resultados 1 punto
4. Porcentaxe de mulleres que integran o consello reitor da entidade solicitante ≥ 50 % Solicitude 2 puntos
< 50% e ≥ 40 % Solicitude 1 punto
5. Investimentos en proxectos innovadores Solicitude 1 punto
6. Investimentos en proxectos de cooperación Solicitude 1 punto

3.- En caso de igualdade na aplicación do baremo terán prioridade as entidades solicitantes, con investimentos en proxectos innovadores, seguido dos investimentos en proxectos de cooperación. Se aínda persiste o empate, priorizarase segundo a orde dos criterios de selección tendo en conta o valor do criterio.

4. As solicitudes cunha puntuación inferior a 5 puntos non serán subvencionables por non alcanzar os criterios de priorización mínimos.

JUSTIFICACIÓN Y  PAGO

1.- O prazo de execución e xustificación destas axudas será:

a) Para as solicitudes con investimentos de execución anual, o prazo límite de execución e xustificación remata o 30 de novembro de 2024, inclusive.

b) Para as solicitudes con investimentos de execución bienal, o prazo de execución remata o 30 de setembro de 2025, inclusive. Establécese o período entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 30 de setembro de 2025, como o prazo para solicitar o pagamento.

PLAZO DE SOLICITUDES

O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 19 de xullo de 2024.

  • Facebook
  • Twitter