RESUMEN ELABORADO POR
Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y la Resolución completa en el enlace “Web”
— RESOLUCIÓN de 17 de diciembre de 2020 por la que se da publicidad del Acuerdo del Consejo de Dirección que aprueba las bases reguladoras de las ayudas para nuevos emprendedores, cofinanciadas por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional en el marco del programa operativo Feder Galicia 2014-2020, y si procede a su convocatoria para 2021 en régimen de concurrencia competitiva (Galicia emprende). IGAPE. DOG Nº 4, 08/01/2021.
FINALIDAD / OBJETIVO
Co obxectivo xeral de estimular e impulsar a recuperación do tecido empresarial na Comunidade Autónoma, especialmente tras a negativa influencia socioeconómica da crise do coronavirus, cara a fomentar o desenvolvemento equilibrado do territorio galego e favorecer a creación de emprego a través da creación de empresas por parte de novos emprendedores, o Igape desenvolve este sistema de apoio a proxectos de ata 400.000 euros de axuda.
Con este programa de axudas preténdese favorecer tamén o reemprendemento e a cooperación interempresarial nas cuestións relacionadas coa xestión, distribución e loxística dos produtos e servizos, tanto na oferta coma na demanda..
TIPOS DE APOYO
Tendrán la consideración de destinatarias finales de un préstamo las pymes agroalimentarias que sean titulares de bodegas de elaboraciónk de vino acogido a las Denominaciones de origen e indicaciones geográficas protegidas vitivinícolas galelgas, y que luego del informe favorable de solvencia crediticia de la Sociedad Anónima Estatal de Caución Agraria, en adelante SAECA, obtengan el reconocimiento del derecho al dicho préstamo por parte de la Consellería de Medio Rural y lo formalicen.
FINALINDAD Y CARACTERÍSTICAS DE LOS PRÉSTAMOS GARANTIZADOS POR EL INSTRUMENTO FINANCIERO
Subvención en réxime de concorrencia competitiva.
BENEFICIARIOS POTENCIALES
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas os/as autónomos/as e as pequenas empresas, que realicen unha actividade económica e teñan menos de 42 meses de antigüidade de alta na actividade na data da solicitude da axuda, segundo se establece no artigo 1.
Enténdense incluídas as sociedades mercantís, cooperativas, asociacións e outras entidades con personalidade xurídica propia e as sociedades civís, comunidades de bens e outras entidades sen personalidade xurídica propia sempre que conten con NIF e a súa constitución estea documentada e presentada a autoliquidación do imposto de actos xurídicos documentados.
SECTORES INCENTIVABLES
Non poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas empresas que desenvolvan a súa actividade no sector da pesca e da acuicultura, da produción agrícola primaria, do aceiro, do carbón, da construción naval, das fibras sintéticas, do transporte, da produción e distribución de enerxía e das infraestruturas enerxéticas.
REQUISITOS PRINCIPALES DEL PROYECTO
1. Serán subvencionables os proxectos emprendedores de creación ou ampliación de pequenas empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia que na data de presentación da solicitude de axuda non teñan máis de 42 meses de antigüidade dende a data de inicio da súa actividade (primeira alta en IAE). Serán subvencionables tamén os proxectos de reemprendemento, entendendo como tal exclusivamente os autónomos que estiveran de baixa continuada de toda actividade económica por conta propia durante un período igual ou superior a 3 anos; nestes casos, os 42 meses contaranse respecto da primeira alta en actividade económica por conta propia inmediatamente posterior á devandita baixa.
2. Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser técnica, económica e financeiramente viables.
b) Ser proxectos completos, é dicir, a realización dos gastos e investimentos subvencionables debe dar como resultado a posta en marcha da actividade ou a súa ampliación. Non serán subvencionables as fases de proxectos que non sexan completas nestes termos.
c) Deben desenvolverse en Galicia.
d) A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado: considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se ten presentado antes do comezo do proxecto. Ningún dos custos incluídos na solicitude de axuda poderá estar realizado nin comprometido antes da presentación da solicitude de axuda no Igape. De ser así, o proxecto considerarase non subvencionable na súa totalidade. Para estes efectos, a compra dos terreos e determinados traballos preparatorios, como a obtención de permisos ou a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DEL PROYECTO
Os proxectos que cumpran coas condicións necesarias do artigo 1 serán avaliados de acordo co seguinte baremo xeral ata un máximo de 100 puntos:
a) Compromiso de creación de emprego. Outorgaranse 10 puntos por cada posto de traballo con contrato laboral e afiliación ao réxime xeral da Seguridade Social que se comprometa crear. A creación de emprego considerarase en unidades UTA.
b) Investimento. Outorgaranse 10 puntos aos proxectos que inclúan investimentos en activos fixos materiais superiores a 50.000 euros e 20 puntos aos proxectos que inclúan investimentos en activos fixos materiais superiores a 100.000 euros
c) Innovación. Outorgaranse 20 puntos aos proxectos ou empresas innovadores..
d) O sector de actividade no que se desenvolve o proxecto. Aos proxectos dos sectores relacionados no anexo III destas bases asignaránselles 10 puntos. No caso de que o proxecto se desenvolva en distintos sectores, estarase ao sector da actividade principal da empresa segundo a facturación do último exercicio ou segundo as estimacións se é unha empresa nova sen actividade previa.
e) Economía verde e circular. Outorgaranse ata 10 puntos pola aplicación de medidas concretas, efectivas e cuantificables de redución da pegada de carbono no proceso produtivo, nos aprovisionamentos, na distribución, no consumo enerxético, de auga ou outros insumos e pola redución e valorización dos residuos.
f) Formación. Outorgaranse ata 10 puntos no caso de que a persoa emprendedora, sexa autónoma ou participante nunha entidade, teña realizado cursos ou programas formativos de xestión empresarial específicos para emprendemento organizados por institucións ou entidades públicas. De estaren organizados por entidades privadas, a acreditación deberá vir acompañada da descrición do contido formativo impartido ou indicar a URL onde se poda consultar na Internet
g) Ás entidades de economía social outorgaránselle 10 puntos. A efectos destas bases, consideraranse empresas de economía social as cooperativas, sociedades laborais, sociedades agrarias de transformación, empresas de inserción, centros especiales de emprego, fundacións e asociacións.
h) Dispor da Marca Galega de Excelencia en Igualdade valorarase con 5 puntos.
INVERSIONES O GASTOS COMPUTABLES
1. Serán subvencionables os investimentos e gastos que correspondan de xeito indubitable ao proxecto de creación ou ampliación da pequena empresa. Nomeadamente:
a) Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións, suxeitos aos módulos máximos que se achegan como anexo IV, levadas a cabo en instalacións ou terreos propiedade do solicitante ou sobre os que teña un dereito de uso e gozo que permita á realización de obras irrevogable durante 5 anos a contar desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto. No caso de que o acordo ou contrato que confire ese dereito sexa oneroso, só poderá formalizarse con entidades non vinculadas ao solicitante.
b) Bens de equipo: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.
c) Outros investimentos en activos fixos materiais incluíndo mobiliario. En ningún caso se subvencionarán os vehículos de transporte externo que non teñan a consideración de vehículo especial.
d) Activos inmateriais: activos que no teñen unha materialización física ou financeira, como patentes, licenzas, coñecementos técnicos ou outros dereitos de propiedade intelectual e páxinas web.
e) A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipo de segunda man serán subvencionables sempre que cumpran os requisitos do artigo 5.
f) Gastos de persoal de nova contratación.
g) Gastos de alugueiro de locais. Non poderán imputarse custos por este concepto no caso de que a actividade se desenvolva na vivenda da persoa emprendedora.
h) Gastos de contratacións externas de servizos específicos: software de pago por uso, deseño gráfico, identidade corporativa, servizos de asesoramento para a posta en marcha do proxecto empresarial.
i) Os custos do informe de auditor de contas inscrito no ROAC requirido no artigo 17.4.b) 2º ata un máximo de 1.000 euros.
CUANTÍA DE LAS AYUDAS
La subvención a fondo perdido será del 80% de los costes subvencionables hasta un máximo de 400.000 euros.
PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
El plazo de presentación de solicitudes terminará el 22 de febrero de 2021.