— Ayudas a nueva participación de agricultores en régimen calidad. Hasta 27/05/2024.

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución  en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y consultar la Resolución completa en el enlace “web”.

RESOLUCIÓN del 18 de marzo de 2024 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas a la nueva participación de agricultores en régimen de calidad, cofinanciadas con el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) en el marco del Programa de Desarrollo Rural (PDR) de Galicia 2024-2020, y se convocan para el año 2024. DOG Nº 62 (27/03/2024).

OBJETO

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, así como proceder á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2024.

PERSONAS BENEFICIARIAS

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias que cumpran a condición de agricultor activo. En todo caso, a data da alta no réxime de calidade ten que ser posterior ao 18 de novembro de 2015, data de aprobación do PDR de Galicia 2014-2020 e anterior á data límite do período subvencionable que se defina en cada convocatoria.

2. No caso do programa de calidade relativo á produción ecolóxica, tamén terá a consideración de nova participación aquela que se refira a agricultores/as que, tendo previamente actividade no dito programa, inicien a actividade de produción ecolóxica con destino ao mercado en relación con algunha nova orientación produtiva.

GASTOS SUBVENCIONABLES Y CUANTÍA DE LAS AYUDAS

1. Serán subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade e a cota anual de participación no dito réxime, incluídos, de ser o caso, os custos dos controis necesarios para comprobar o cumprimento dos requisitos do réxime. Non se considerarán subvencionables os custos internos ou de  autocontrol.

No caso das persoas beneficiarias por comezaren nunha nova orientación produtiva dentro da produción ecolóxica, os gastos deberán estar relacionados con esa nova orientación produtiva.

2. A contía da axuda será do 100 % dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cinco anos.

3. Non se tramitarán expedientes cuxa contía non supere os 50 €.

GASTOS ATENDIBLES EN LA CONVOCATORIA 2024

Para a convocatoria de 2024 serán atendibles os gastos imputados á campaña que comprende o período que vai do 1 de maio de 2023 ata o 30 de abril de 2024.

PLAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 27 de maio de 2024.

  • Facebook
  • Twitter