— Ayudas a Grupos Operativos de la Asociación Europea de la Innovación. Hasta 26/02/2024

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.

RESOLUCIÓN del 22 de diciembre de 2023 por la que se establecen as bases reguladoras de la concesión, en régimen de concurrencia competitiva, de las ayudas para la ejecución de proyectos innovadores de los grupos operativos de la Asociación Europea de la Innovación (AEI), cofinanciados con el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) en el maco del Plan Estratégico de la PAC (PEPAC) 2023-2027), y se convocan para el año 2024. Consellería do Medio Rural (DOG Nº 18, 25/01/2024).

OBJETO Y FINALIDAD

A finalidade das axudas que se convocan é impulsar a creación e funcionamento de grupos operativos que contribúan á consecución do obxectivo de modernizar a agricultura e as zonas rurais, fomentando e poñendo en común o coñecemento, a innovación e a dixitalización nas zonas agrícolas e rurais, promovendo a súa adopción polos agricultores, mediante a mellora do acceso á investigación, á innovación, ao intercambio de coñecementos e á formación, e adicionalmente a calquera dos obxectivos específicos, establecidos no punto1 do artigo 6 do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello do 2 de decembro de 2021.

REQUISITOS Y OBLIGACIONES DE LOS GRUPOS OPERATIVOS, COMPOSICIÓN Y ÁMBITO DE ACTUACIÓN

1. Segundo a redacción do artigo 77 do Regulamento 2021/2115, do 2 de decembro de 2021, os grupos operativos estarán formados, cando menos, por dúas entidades con personalidade física ou xurídica diferenciada que non teñan relacións orgánicas ou funcionais entre si.
2. Como mínimo unha das entidades que cooperan debe pertencer ao ámbito da agricultura, gandería, silvicultura, transformación ou comercialización de produtos agroalimentarios ou forestais
3. Poderán incorporar tamén entidades sen ánimo de lucro que promovan a investigación, a innovación e o desenvolvemento do medio rural, así como as que desenvolvan actividades de promoción, asesoramento, dinamización ou financiamento de proxectos nosámbitos agrario ou forestal, entidades asesoras na conservación ou uso sustentables dos recursos naturais, ou outras entidades con intereses recoñecidos no ámbito rural.
4. Os grupos operativos terán ámbito autonómico, entendendo por iso que o proxecto presentado se desenvolverá na Comunidade Autónoma de Galicia e estará destinado a resolver un problema existente no sector agrario, forestal e agroalimentario galego
5. O orzamento das actividades de ningún dos membros do grupo operativo poderá ser inferior ao 10 % do orzamento total da proposta de cooperación, excepto no caso de produtores primarios que acrediten a súa participación activa no proxecto.
6. Un grupo operativo non poderá presentar máis dun proxecto, e este será o obxecto da súa constitución.

ENTIDADES BENEFICIARIAS DE LAS AYUDAS

1. Poderán acceder á condición de entidades beneficiarias das subvencións obxecto desta resolución as persoas físicas ou xurídicas, incluídas as administracións públicas, que formen parte dun Grupo operativo da AEI-Agri (GO), constituído para a preparación e execución dun ou máis proxectos dirixidos á modernización do sector agroalimentario ou forestal, así como os grupos operativos da AEI constituídos como unha entidade xurídica.

2. Para esta liña de axuda pode haber varias entidades beneficiarias por proxecto en función da súa implicación e de acordo co documento vinculante ou acordo de asociación subscrito polos membros do grupo operativo. O número máximo de entidades beneficiarias por proxecto será de cinco, incluído o representante, máis un coordinador de proxecto.

4. Poderán ser entidades beneficiarias os membros do grupo operativo que teñan a
condición de:
– Produtores agrarios e forestais e as súas agrupacións ou asociacións ou redes.
– Empresas ou industrias do sector agroalimentario e forestal e as súas agrupacións ou asociacións que teñan a consideración de pemes.
Cooperativas agrarias e as súas asociacións ou federacións.
– Comunidades de regantes.
– Centros de investigación e experimentación, centros tecnolóxicos, universidades e outras entidades que consideren no seu obxectivo social a innovación, investigación e/ou experimentación en áreas agropecuarias, forestal, agroindustrial (incluíndo industria forestal) ou de calidade agroalimentaria.
– Asesores e/ou axentes de innovación.

REQUISITOS DE LOS PROYECTOS

1. A actividade obxecto da axuda deberá realizarse no ámbito territorial de Galicia.

2. O proxecto de innovación deberá basearse no modelo de innovación interactiva cuxos
principios clave son os seguintes:
a) Desenvolver solucións innovadoras que se centren nas necesidades dos agricultores ou os silvicultores e, ao mesmo tempo, abordar as interaccións no conxunto da cadea de subministración, cando cumpra.
b) Agrupación dos socios con coñecementos complementarios, como agricultores, asesores, investigadores, empresas ou organizacións non gobernamentais, na combinación específica que resulte máis adecuada para alcanzar os obxectivos do proxecto.
c) Toma de decisións e creación de forma conxunta durante todo o proxecto.

3. En liña coa Asociación Europea para a Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola (AEI), segundo o disposto no artigo 6, puntos 1 e 2 do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, os proxectos deberan contribuír a algún dos obxectivos seguintes:

a) Apoiar unha renda agrícola viable e a resiliencia do sector agrícola en todo o territorio da Unión co fin de mellorar a seguridade alimentaria a longo prazo e a diversidade agrícola,así como garantir a sustentabilidade económica da produción agrícola na Unión.

b) Mellorar a orientación ao mercado e aumentar a competitividade das explotacións agrícolas a curto e longo prazo, tamén mediante unha maior atención á investigación, á tecnoloxía e á dixitalización.

c) Mellorar a posición dos agricultores na cadea de valor.

d) Contribuír á adaptación ao cambio climático e á súa mitigación, tamén mediante a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e mellorando a captura de carbono, así como promover a enerxía sustentable.

e) Promover o desenvolvemento sustentable e a xestión eficiente de recursos naturais como auga, o solo e o aire, incluíndo a redución da dependencia química.

f) Contribuír a deter e reverter a perda de biodiversidade, potenciar os servizos relacionados cos ecosistemas e conservar os hábitats e as paisaxes.

g) Atraer e apoiar as persoas agricultoras mozas e os novos agricultores e facilitar o desenvolvemento empresarial sustentable nas zonas rurais.

h) Promover o emprego, o crecemento, a igualdade de xénero, incluída a participación das mulleres na agricultura, a inclusión social e o desenvolvemento local nas zonas rurais, entre elas, a bioeconomía circular e a silvicultura sustentable.

i) Mellorar a resposta da agricultura da Unión ás exixencias sociais en materia de alimentación e saúde, incluída a demanda de alimentos de boa calidade, seguros, nutritivos e producidos de forma sustentable, reducir os desperdicios de alimentos, mellorar o benestar animal e combater a resistencia aos antimicrobianos. En particular, segundo o disposto no artigo 127 do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, a AEI deberá:

a) Crear valor engadido mediante unha relación máis estreita entre a investigación e
as prácticas de explotación agrícola, e o fomento dun maior uso das medidas innovadoras dispoñibles.
b) Establecer unha conexión entre os axentes da innovación e os proxectos.
c) Promover unha aplicación práctica máis rápida e ampla de solucións innovadoras, incluídos os intercambios entre agricultores.
d) Informar a comunidade científica das necesidades da agricultura en materia de investigación.

5. En ningún caso se financiarán proxectos de investigación básica ou fundamental nin investigacións independentes.

6. A duración da iniciativa de cooperación será de tres anualidades.

GASTOS SUBVENCIONABLES

– Poderán subvencionarse os custos directos vinculados á preparación e execución do proxecto por parte do Grupo operativo.
1. Fase de preparación do proxecto:
Poderán subvencionarse os custos directamente vinculados á preparación do proxecto e constitución do grupo operativo (busca de socios, reunións de coordinación, redacción de borradores, etc.) ata un máximo de 3.000,00 €.

Para a constitución do GO e a preparación do proxecto estímase un prazo máximo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Son gastos subvencionables para a fase de preparación do proxecto aqueles efectivamente realizados pola entidade solicitante-representante durante o dito período, relativos aos conceptos que a continuación se detallan.
a) Custos de persoal adscrito ao proxecto.
b) Custos indirectos: o custo subvencionable máximo para este concepto será o resultante de aplicar a porcentaxe do 15 % sobre o importe dos custos directos de persoal elixibles.
c) Prestación de servizos, incluída a colaboración dos axentes externos.
d) Outros gastos (material funxible, desprazamentos, etc.).

En todo caso, financiaranse exclusivamente os gastos de preparación vinculados á realización do proxecto.

2. Fase de execución do proxecto:
As axudas destinaranse a cubrir os gastos efectivamente realizados pola entidade beneficiaria durante o período de execución do proxecto que estean directamente relacionados co orzamento do proxecto para o cal se concederon, relativos aos conceptos que a continuación se detallan.
a) Custo de persoal adscrito ao proxecto.

Son subvencionables todos os custos salariais do persoal adscrito ao proxecto (retribución bruta e seguridade social con cargo á empresa).

1º. Custos do persoal especificamente contratado para o proxecto
Subvencionaranse todos os custos salariais do persoal especificamente contratado para o proxecto, establecéndose os seguintes límites máximos por categoría laboral:
– Titulado superior: 38.000 euros anuais para o conxunto do persoal contratado nesta
categoría.
– Titulado medio: 32.300 euros anuais para o conxunto do persoal contratado nesta
categoría.
– Técnico de FP de grao superior: 27.700 euros anuais para o conxunto do persoal contratado nesta categoría.
– Categorías laborais distintas das anteriores: 23.100 euros anuais para o conxunto do
persoal contratado nesta categoría.

2º. Custos do persoal propio que participe na execución do proxecto.
Para os efectos deste punto, considérase persoal propio a aquel vinculado por unha relación laboral con algunha das entidades beneficiarias integrantes do grupo operativo, excluíndo o persoal especificamente contratado para o proxecto recollido no punto anterior.
Subvencionarase ata un máximo do 50 % dos custos directos do proxecto, que non sexan custos directos de persoal

b) Custos indirectos. O custo subvencionable para este concepto será o resultante de aplicar a porcentaxe do 15 % sobre o importe dos custos directos de persoal imputados ao proxecto segundo a solicitude presentada.

c) Prestación de servizos. Gastos dos servizos necesarios para a realización do proxecto e divulgación de resultados: servizos de consultoría tecnolóxica, servizos de asesoría e outros servizos.

d) Bens de equipo, infraestruturas e prototipos: alugueiro ou amortizacións en caso de compra:

e) Material funxible: adquisición de materiais funxibles ou compoñentes precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados. Inclúense os custos de material funxible de laboratorio, animais, vexetais ou organismos e materias utilizadas que queden inutilizados pola execución do proxecto, e o material funxible necesario para os labores de divulgación de resultados.

f) Desprazamentos e manutención. Viaxes e axudas de custo relacionadas coa execución do proxecto, debidamente xustificadas. O custo máximo subvencionable para este concepto será o resultante de aplicar a porcentaxe do 3 % sobre o importe subvencionable do custo total do proxecto segundo a solicitude presentada.

g) Outros gastos: propiedade intelectual, auditorías, inscrición en eventos.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

A intensidade da axuda á execución de proxectos de grupos operativos da AEI será do 100 % dos custos subvencionables

A contía máxima subvencionada en cada iniciativa de cooperación será de 140.000 euros. Esta cantidade inclúe o máximo de 3.000 euros para a fase de preparación.

Os proxectos desenvolveranse ao longo de tres anualidades contadas a partir da anualidade 2024

Os orzamentos do proxecto do grupo operativo por anualidades repartirase do seguinte xeito en relación ao orzamento total do proxecto:
– Primeira anualidade, entre un 10 % e un 15 %.
– Segunda anualidade, entre un 40 % e un 45 %.
– Terceira anualidade, porcentaxe restante ata chegar ao 100 %

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 26 de febreiro de 2024.

  • Facebook
  • Twitter