— Plan Galicia emplea: contratación y formación. Hasta 29/09/2024

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.

ORDEN del 28 de diciembre de 2023 por la que se establecen las bases reguladoras del Plan Galicia emplea de incentivos a la contratación y a la formación en empresa ordinaria, y se procede a su convocatoria para el año 2024. Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (DOG Nº 14, 19/01/2024).

OBJETO Y FINALIDAD

1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar para o ano 2023, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas establecidas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que favorezan a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria (e entidades sen ánimo de lucro), especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral, coa finalidade de seguir paliando os prexuízos económicos sobre o mercado de traballo, derivados dos efectos da pandemia provocada pola COVID-19 e agravados pola invasión de Ucraína por parte de Rusia.

A orde regula o Plan Galicia emprega (código de procedemento TR342C) de incentivos á contratación por conta allea e á formación dos colectivos vulnerables recollidos no artigo 25.1.a), a través de dúas liñas de axudas:

1. A liña de incentivos á contratación por conta allea cuxas particularidades se recollen no capítulo II desta orde, e que inclúe catro modalidades de axudas:

a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.
c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.
d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.

2. A liña de incentivos ás accións formativas no centro de traballo, de carácter opcional, cuxas particularidades se recollen no capítulo III desta orde, vai dirixida ás persoas con tratadas mediante contratación indefinida inicial por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Línea de incentivos a la contratación por cuenta ajena

Accións subvencionables

1. Para que as contratacións, os incrementos de xornada, ou os incrementos na duración anual dos contratos fixos-descontinuos sexan subvencionables, deberán axustarse aos seguintes requisitos:

a) Que o contrato se realice cunha persoa que se encadre nalgún dos colectivos sinalados no artigo 25.1.a)
b) Que as contratacións se realicen dentro do período subvencionable, que comprende desde o 30 de setembro de 2023 e ata o 29 de setembro de 24, ambas datas incluídas.
c) Que as contratacións teñan lugar con anterioridade ou no mesmo día da solicitude de axudas.
d) No caso de axudas para a adaptación de postos de traballo, que o gasto estea realizado na data de presentación da solicitude.

2. Modalidades e requisitos aplicables a cada tipo de axudas:

a) Incentivos ás contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas.
Os contratos subvencionables deberán ser de duración indefinida e a tempo completo. Exceptúanse as contratacións de persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, que poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial; a xornada a tempo parcial será, como mínimo, do 50 %.
Para ser subvencionable a contratación deberá realizarse cunha persoa desempregada, entendendo como desempregada a definición do artigo 5.1 desta orde.
As contratacións deberán estar comunicadas a través da aplicación contrat@ no prazo de 10 días hábiles desde o seu inicio.

b) Incrementos de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.
Os incrementos de xornada, das contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial realizadas con calquera dos colectivos sinalados no artigo 25.1.a), serán subvencionables cando acaden o 100 % da xornada ordinaria ou da establecida no convenio colectivo de aplicación.

c) Incremento da duración anual dos contratos fixos descontinuos a un mínimo de 9 meses a xornada completa. Exceptúanse os contratos realizados con persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social que poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial.

d) Adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal necesarios para evitar accidentes laborais á persoa traballadora con discapacidade contratada, ou por eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o traballo das persoas traballadoras con discapacidade cuxo contrato se subvenciona ao abeiro desta orde.

CUANTÍA DE LOS INCENTIVOS

a) As contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas incentivaranse con distintas contías base, segundo o colectivo a que pertenza a persoa contratada, conforme as definicións establecidas no artigo 5 desta orde:

A. Persoa moza: 6.000 euros.
B. Persoa parada de longa duración: 9.000 euros.
C. Persoa de 52 anos ou máis: 9.000 euros.
D. Persoa emigrante retornada ou persoa estranxeira: 9.000 euros.
E. Muller: 10.000 euros.
F. Persoa con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social: 14.000 euros.

Neste suposto, se o contrato é a tempo parcial, a contía do incentivo será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria máxima legal.

As contías indicadas anteriormente incrementaranse nun 15 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

I. No suposto de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
II. Se a persoa contratada é maior de 45 anos (incremento non aplicable na letra C do punto anterior)
III. Se a persoa contratada é unha muller (incremento non aplicable na letra E do punto anterior).
IV. Persoas trans.
V. Se a contratación se realiza con mulleres en profesións e oficios en que as mulleres estean subrepresentadas, segundo o informe do Instituto Galego das Cualificacións que se reflicte na lista que figura no anexo II dispoñible para a súa consulta na sede electrónica da Xunta.

A contía máxima posible que se pode subvencionar por cada persoa contratada con carácter indefinido é de 24.500 euros.

b) Incremento de xornada das contratacións indefinidas iniciais (de xornada parcial a xornada completa): incentivo de 2.000 euros. Se o incremento de xornada se realiza en persoas con discapacidade, o incentivo será de 3.000 euros.

c) Incremento da duración anual dos contratos fixos descontinuos a un mínimo de 9 meses e a xornada completa: incentivo de 4.000 euros.

d) Adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal: a axuda consiste en 1.000 euros.

Línea de incentivos a las acciones formativas en el centro de trabajo

Accións subvencionables e requisitos

1. As empresas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun incentivo para a formación, tanto na modalidade presencial como na modalidade de teleformación, das persoas traballadoras subvencionadas por medio dos incentivos á contratación indefinida inicial previstos nesta orde. Para isto teñen que cumprir os seguintes requisitos:

a) A persoa ou persoas traballadoras que reciben a formación e titorización deben ser as persoas contratadas indefinidas iniciais con cargo a esta axuda, segundo o disposto nos puntos 1.a) e 2.a) do artigo 24
b) En canto á duración da acción formativa, será dun mínimo de 70 horas. Será unha formación teórica con contidos relacionados co posto de traballo que desenvolve a persoa traballadora que participa neste programa.
c) A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato e deberá de estar finalizada o 30 de outubro de 2024.

2. Queda excluída deste incentivo aquela formación que supoña o cumprimento de obrigas legais empresariais en materia preventiva a que fai referencia o artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

CUANTÍAS DE LOS INCENTIVOS Y CONDICIONES DE LA PERCEPCIÓN

Esta formación incentivarase cunha axuda de 4.000 euros por cada persoa traballadora dada de alta nun contrato indefinido inicial, sempre que a persoa traballadora cumpra os requisitos establecidos na presente orde.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1. O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día 26 de xaneiro de 2024 e rematará o 29 de setembro de 2024.

  • Facebook
  • Twitter