— Programa de modernización de comercio. Fondo tecnológico. Hasta 30/06/2023.

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF, en gallego) y la orden completa en el enlace web. 

— ORDEN de 15 de mayo de 2023 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión, en régimen de concurrencia no competitiva, de subvenciones para el Programa de modernización del comercio: Fondo Tecnológico, en el marco del Plan de recuperación, transformación y resiliencia financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU, y se procede a su convocatoria para el año 2023 (código de procedimiento CO300G). Consellería de Industria e Innovación. (DOG Nº 101, 30/05/2023).

OBJETO Y RÉGIMEN DE SUBVENCIONES

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o financiamento de proxectos de contido tecnolóxico, innovador e sustentable dirixidos a impulsar o emprego das novas tecnoloxías no sector comercial.
– Liña destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis.

Consideraranse subvencionables as actuacións previstas no artigo 4 destas bases reguladoras sempre que sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 29 de setembro de 2023.

PERSONAS BENEFICIARIAS

1. Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que o establecemento comercial para o cal se solicita a axuda teña carácter físico e
permanente e estea situado na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que teña a condición de peme.
c) Que a actividade principal do negocio se corresponda con algunha das actividades incluídas nos códigos 46 ou 47 da Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009) aprobada polo Real decreto 475/2007, do 13 de abril, polo que se aproba a Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009).

En todo caso, requirirase que a actividade principal estea dada de alta nalgunha epígrafe do imposto de actividades económicas que se corresponda coas actividades incluídas nos CNAE 46 ou 47, agás as epígrafes 616, 654 e 655 así como calquera outra actividade económica que non se considere subvencionable de acordo co disposto nestas bases reguladoras.

Actuacións subvencionables

1. Consideraranse actuacións subvencionables a implantación e posta en marcha de:

1.1. Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.

1.1.1. Programa smart retail dirixido á transformación dixital do punto de venda e modelo
de negocio, a través das seguintes actuacións:
a) Software de xestión de experiencia da clientela (aplicacións big data e análise de datos).
b) Etiquetado electrónico para lineais de venda.
c) Tecnoloxía de control stocks e tecnoloxía RFID.
d) Xestor de colas automatizado.
e) Sistemas de click and collect e locker dixitais.
f) Probadores interactivos.
g) Software para a xestión loxística do e-commerce.
h) Solucións de ciberseguridade
i) Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots).
j) Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce).
k) Terminais de autopagamento para a clientela.

1.1.2. Programa visual merchandising dirixido á mellora da experiencia de compra, a través das seguintes actuacións:
a) Escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela.
b) Estantes virtuais.
c) Pantallas e mesas interactivas.
d) Tótems publicitarios.
e) Encerados dixitais.
f) Aplicacións de realidade virtual e aumentada.

1.1.3. Programa Green Store dirixido á mellora da eficiencia enerxética do local e dos recursos, a través das seguintes actuacións:
a) Portas automáticas con sensores de proximidade que redunden nunha mellora da eficiencia enerxética no ámbito térmico do local.
b) Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces que melloren e optimicen o consumo de enerxía eléctrica.
c) Sistemas de climatización enerxeticamente eficientes.

1. Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes.
a) Mupis dixitais, interactivos ou non, de sinalización e promoción das áreas comerciais en espazos públicos.
b) Ferramentas dixitais colaborativas entre os asociados.
c) Sistemas de click and collect e lockers dixitais.
d) Redes wifi nas áreas comerciais.
e) Redución de insumos por parte dos comercios e das persoas consumidoras nos establecementos mediante a implantación de alternativas respectuosas co ambiente.
f) Elaboración e posta en marcha de procesos ecoeficientes para a correcta separación dos residuos e a súa posterior reciclaxe e valoración que inclúan a participación de todos os asociados. Consideraranse subvencionables os gastos relativos á adquisición de elementos para o correcto reciclaxe dos residuos.
g) Proxectos de aplicación de solucións tecnolóxicas conxuntas para mellorar a eficiencia no consumo enerxético que inclúan a participación de todos os asociados.

2. Investimentos máximos subvencionables (IVE exluído):

2.1. Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.

Persoas beneficiarias Investimento subvencionable
Persoas autónomas e pemes de 0 a 10 persoas traballadoras 50.000,00 €
Persoas autónomas e pemes de 11 a 50 persoas traballadoras 100.000,00 €
Persoas autónomas e pemes de 51 a 250 persoas traballadoras 200.000,00 €

3. Investimento mínimo subvencionable (IVE excluído):

O investimento mínimo que se debe realizar para que o proxecto se considere subvencionable ascende a 2.000,00 € (IVE excluído).

4. Intensidade da axuda:

A porcentaxe da subvención será do 90 % dos investimentos máximos subvencionables establecidos neste artigo.

PLAZO DE SOLICITUD

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de xuño de 2023.

  • Facebook
  • Twitter