— Ayudas ahorro y eficiencia energética. Hasta 15/09/2023.

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación”(formato PDF, en gallego) y la resolución completa en el enlace web. 

— RESOLUCIÓN del 21 de abril de 2023 por la que se establecen las bases reguladoras y se anuncia a convocatoria de subvenciones para proyectos de ahorro y eficiencia energética en las empresas gallegas, para el año 2023, cofinanciada por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional en el marco del programa operativo Feder‑Galicia 2021‑2027. Agencia Instituto Energético de Galicia. (D.O.G. Nº 86, 05/05/2023).

OBJETO

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a realización de proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado destas bases reguladoras (código de procedemento IN417Y).

2. O procedemento administrativo para a concesión destas subvencións será o de concorrencia non competitiva, segundo o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes de axuda presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nestas bases tramitaranse e resolveranse por orde de entrada no rexistro da solicitude, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión das axudas.

CONDICIONES DE LOS PROYECTOS

1. De conformidade co disposto no artigo 6.1 destas bases reguladoras os traballos non poderán iniciarse con anterioridade á data de presentación da solicitude.

2. O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000,00 € por actuación, o IVE non está incluído.

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases:

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

Artigo 6. Proxectos que se subvencionan

1. Poderán ter dereito a subvención os proxectos de aforro e eficiencia enerxética recollidos no punto 2 que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de execución dos proxectos subvencionables (téñase en conta a definición de inicio dos traballos recollida no artigo 2.1) iniciarase unha vez se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará no prazo previsto no artigo 26.

2. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética subvencionables

a) Serán elixibles os custes de inversión adicionais necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética. Determinarase do seguinte xeito:

1º. Cando os custos do investimento en eficiencia enerxética poidan identificarse nos custos totais do investimento como investimento separado, estes custos relacionados coa eficiencia enerxética serán subvencionables

2º. En todos os demais casos, os custos do investimento en eficiencia enerxética determinaranse por referencia a un investimento similar, que implique menor eficiencia enerxética, que se podería realizar de xeito crible sen a axuda. A diferenza entre o custo de ambos investimentos determinará o custo relacionado coa eficiencia enerxética e será o custo subvencionable.

Os custos dos proxectos que non estean directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de eficiencia enerxética non serán subvencionados.

b) Serán subvencionables aqueles proxectos con ratios de aforro enerxético anual iguais ou superiores aos indicados na seguinte táboa para cada liña:

INVERSIONES SUBVENCIONABLES

1. Os proxectos que non cumpran cos requisitos técnicos mínimos recollidos no artigo 7 non serán subvencionables.

2. Non se admitirán no orzamento partidas alzadas; todas as partidas deberán levar as súas correspondentes medicións.

3. Non serán subvencionables as seguintes actuacións:
a) As instalacións que utilicen enerxías renovables, salvo as que procedan da valorización de residuos non propiamente enerxéticos e as bombas de calor.
b) Operacións de mantemento (simples reposición de lámpadas, …).
c) Vehículos de todas as clases utilizables para o transporte terrestre, marítimo ou aéreo de persoas, animais, materiais ou mercadorías, excepto os que se deban rexistrar na conta de maquinaria. A conta de maquinaria inclúe o conxunto de máquinas ou bens de equipo mediante os cales se realiza a extracción ou elaboración dos produtos. Nesta conta figurarán todos aqueles elementos de transporte interno que se destinen ao traslado de persoal, animais, materiais e mercadorías dentro de factorías, talleres, etc. sen saír ao exterior.

4. Considéranse custos subvencionables: a elaboración dos proxectos técnicos, dirección facultativa e obra civil relacionados coas actuacións, o prezo dos equipamentos, a súa montaxe e posta en marcha, así como os sistemas de monitorización, contabilización e telexestión e as auditorías nos termos indicados no artigo 6

CUANTÍA DE LA AYUDA

1. A contía da subvención será do 35 % do custo elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

Para axudas de máis de 100.000,00 € limítase a axuda segundo o aforro enerxético xustificado segundo a seguinte táboa. Para estes efectos da aplicación deste límite no caso de proxectos da liña PAP utilizarase a epígrafe específica para esta tipoloxía de proxectos:

PERÍODO DE EJECUCIÓN DE LAS ACCIONES

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 10 de maio de 2023 ás 9.00 horas e finalizará o 15 de setembro de 2023.

  • Facebook
  • Twitter

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA, con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo