— Ayudas elaboración y comercio productos vitivinícolas. Hasta 31/01/2023

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación”(formato PDF, en gallego) y la orden completa en español en el enlace web. 

— ORDEN del 21 de diciembre de 2022 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas para las inversiones para la elaboración y comercialización de productos vitivinícolas, financiadas por el Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), y se convocan para el ejercicio presupuestario de 2023. Consellería do Medio Rural (DOG Nº 245, 27/12/2022).

OBJETO Y ÁMBITO DE APLICACIÓN

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de investimentos no sector vitivinícola en Galicia establecidas na Intervención Sectorial Vitivinícola (ISV) no marco do Plan Estratéxico Nacional da Política Agrícola Común (PAC) do Reino de España 2023-2027, aprobado pola Comisión Europea mediante Decisión de Execución do 31 de agosto de 2022 e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2023. O código do procedemento é MR361A.

BENEFICIARIOS

1. Poderán ser beneficiarios da medida de investimentos:

a) As empresas vitivinícolas As empresas vitivinícolas que no momento da solicitude produzan ou comercialicen os produtos contemplados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) 1308/2013 do Par lamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, ou que, como consecuencia da execución da operación obxecto da solicitude de axuda, comecen esa produción ou comercialización. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.
b) As organizacións de produtores vitivinícolas, recoñecidas consonte o artigo 152 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
c) As asociacións de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. . As asociacións deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude
d) As organizacións interprofesionais.

ACTUACIONES, OPERACIONES Y GASTOS SUBVENCIONABLES

1. Serán admisibles as operacións relativas a investimentos tanxibles ou intanxibles que axuden a acadar polo menos un dos obxectivos estratéxicos seguintes:

a) Fomentar a agrupación dos primeiros elos da cadea alimentaria mediante a integración das entidades asociativas e o asociacionismo agrario.
b) Fomentar a sustentabilidade integral das industrias nos seus ámbitos económico, social e ambiental.
c) Fomentar os procesos sustentables desde o punto de vista medioambiental a través do aforro de enerxía, a eficiencia enerxética global, a utilización de enerxías renovables e a valorización e tratamento dos residuos.
d) Fomentar a certificación ambiental das instalacións das empresas vitivinícolas.
e) Fomentar a produción ecolóxica.
f) Fomentar os produtos acollidos a réximes de calidade e os pagamentos de uva por calidade.
g) Favorecer o incremento da dimensión empresarial.
h) Favorecer a participación dos viticultores e elaboradores na cadea de valor.
i) Fomentar os investimentos en comercialización.
j) Fomentar a innovación e a implantación de novos produtos e novas presentacións.
k) Impulsar a introdución das tecnoloxías dixitais nas empresas (industria conectada 4.0).

Para a consecución dos ditos obxectivos estratéxicos, en cada operación deberán identificarse un ou varios dos obxectivos xerais cuxa relación non exhaustiva se presenta no anexo I. No suposto de que algún dos obxectivos xerais dunha operación concreta non se encontre recollido nesta relación, o dito obxectivo deberá ser especificado polo solicitante.

2. Serán subvencionables os seguintes tipos de gastos:

a) Construción, adquisición ou mellora de bens inmobles.
b) Compra de nova maquinaria e equipamentos ata o valor de mercado do produto. Dentro destes gastos quedan incluídos os investimentos en activos materiais consistentes en sistemas que xeren enerxía, sempre que a cantidade de enerxía anual xerada non supere a cantidade de enerxía consumida anualmente nas instalacións obxecto do investimento no desenvolvemento das actividades habituais do beneficiario.
c) Gastos administrativos vinculados aos gastos contemplados nas letras a e b, tales como honorarios de arquitectura, enxeñería e asesoría, así como estudos de viabilidade, co límite do 4 % dos custos subvencionables totais da operación.
d) Adquisición ou desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador e adquisición de patentes, licenzas, dereitos de autor e o rexistro de marcas colectivas.

Non serán subvencionables os gastos descritos no anexo II desta orde.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

As porcentaxes máximas de axuda serán as seguintes:

 

Tipo de empresa solicitantes
Microempresas, pequenas e medianas empresas (en diante, pemes) Empresas non pemes con menos de 750 empregados ou cuxo volume de negocios sexa inferior a 200 mill. € Empresas non pemes con 750 ou máis empregados e cuxo volume de negocios sexa igual ou superior a 200 mill.€
40% 20% 10%

Cando o solicitante sexa unha asociación de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sen actividade económica, o cálculo da axuda farase proporcionalmente á participación de cada un dos produtores no investimento, de acordo co tipo de axuda que tería cada produtor de forma independente.

4. Para os investimentos noutros países da Unión Europea, terase en conta a súa localización para determinar a porcentaxe de axuda, de acordo cos tipos de axuda establecidos nos números anteriores

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xaneiro de 2023.

  • Facebook
  • Twitter

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNION DE COOPERATIVAS ASOCIACION GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo