- Dous expertos en seguridade informática e lexislación sobre protección de datos participarán o 24 de setembro nun Economía Social Meeting na sede de AGACA.
- A xornada gratuíta diríxese a entidades que operan baixo o modelo da economía social e a inscrición pode realizarse antes do 23 de setembro chamando ao 981 58 47 83 ou en agaca@agaca.coop.
- AGACA organiza o encontro no marco Foro pola Economía Social Galega, do que forma parte, e da Rede Eusumo.
AGACA acollerá un dos Economía Social Meeting, do Foro pola Economía Social Galega, acerca de seguridade na Rede. Está dirixido a todas aquelas entidades que operen baixo o réxime da economía social, tales como cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, empresas de inserción, confrarías, sociedades agraria de transformación, fundacións e asociacións, comunidades de montes veciñais etc.
Terá lugar o 24 de setembro, de 11:00 a 13:00h., na sede de AGACA (rúa Tomiño, nº22, Santiago de Compostela). A inscrición, gratuíta, pode realizarse antes do 23 de setembro chamando ao 981 58 47 83 ou en agaca@agaca.coop.
José Manuel Sendín, avogado del bufete Sistemius expecializado en novas tecnoloxías, explicará a normativa asociada con protección de datos, sociedade da información e comercio electrónico, dados os cambios sufridos no marco normativo recentemente.
Por outro lado, Rafael Villaverde, CEO de Infonet (empresa de soporte técnico e seguridade), abordará a charla In-Seguridad 2.0 e boas prácticas sobre seguridade informática, aproveitando o encontro para poñer en común as súas características básicas e compartir posibles solucions e alternativas aos retos que afectan a las entidades asistentes.
Rede Eusumo
Esta actividade enmárcase na Programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
![]()



