
Cooperativas Agro-alimentarias de España convoca por cuarto ano consecutivo o Premio Cooperativas Agro-alimentarias de España. O seu obxectivo é, afirma Cooperativas: “Comunicar á sociedade os valores e comportamentos das nosas cooperativas e que como Organización queremos fomentar a través de exemplos concretos”. O Premio destacará o labor dunha cooperativa nun ámbito concreto.
En 2019 o Consello reitor decidiu que as categorías premiadas sexan:
• Cooperativa do Ano. Recoñecerase a aquela cooperativa que destacase de maneira especial nalgunha actuación relevante durante 2018.
• Desenvolvemento Rural.Valoraranse as actuacións de carácter social das cooperativas dirixidas á súa contorna rural. Iniciativas que persigan a incorporación de persoas mozas, novos servizos para socios, patrocinio das actividades da comunidade rural, oportunidades de emprego, mellora de vida de colectivos desfavorecidos ou benestar da comunidade.
• Igualdade de Oportunidades. Premiaranse as iniciativas que apostan pola Igualdade de Oportunidades e que fomenten o empoderamento e liderado da muller nas cooperativas agroalimentarias.
• Innovación. Recoñeceranse os méritos das cooperativas que destacaron en innovación en materia de produción agraria, procesos de transformación, novos produtos e organización empresarial.
Poden presentarse candidaturas ata o 29 de marzo. Consulta/descarga aquí as bases: PDF (en español).
A entrega dos premios coincidirá coa celebración da Asemblea de Cooperativas Agro-alimentarias de España en Madrid, o acto máis importante da Organización e que adoita clausurar o Ministro.
21/02/2019



