- O día 25 de febreiro comeza en Beariz o obradoiro de “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais”. Dura cinco días e é gratuíto.
- A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a actividade no marco da Rede Eusumo.
O obradoiro gratuíto “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais (CCMMVV)” está orientado a persoas involucradas ou interesadas na xestión destas superficies. Pretende amosar vías de impulso da rendibilidade dos montes baixo o réxime de xestión cooperativizada, favorecendo o emprendemento de actividades económicas e a xeración de emprego, especialmente entre a xuventude.
O obradoiro gratuíto desenvolverase en cinco xornadas temáticas: Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, Fiscalizade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de ordenación ou xestión forestal.
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse chamando ao 981 58 47 83 ou no formulario de inscrición.
“Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais (CCMMVV)” – BEARIZ (Ourense)
Lugar: Salón de Actos do Concello de Beariz, r/San Pedro, 2. Beariz.
Datas e horarios:
-Do luns, 25 de febreiro o ao venres, 1 de marzo
– De 17:00 a 20:00 h.



