Os obradoiros “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais” están orientados a persoas especializadas na xestión destas superficies. Durante 5 días, pretende mostrar vías de impulso da rendibilidade dos montes veciñais, baixo o réxime de xestión cooperativizada.
Cada xornada dedicarase en profundidade a un tema: Iniciativas innovadoras no medio rural na valorización dos montes veciñais en man común, gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes, fiscalidade das comunidades de montes, titularidade e defensa da integridad dos montes veciñais en man común e xestión cooperativa dos recursos ociosos dos montes veciñais en man común.
Máis información e inscrición:
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Emprgeo e Seguridade Social.




