- O 20 e o 21 de outubro será a IV Reunión de Outono da SGPF en Allariz.
A SGPF celebra a IV Reunión de Outono, que leva por título “Adaptación á mudanza climática”, no Salón de Actos do Concello de Allariz a súa, os días 20 e 21 de outubro.
O día 20 as actividades comezarán ás 16:00 e rematarán ás 20:00. Falarase sobre estímulos ao rural en Allariz, pastos de leguminosas anuais biodiversas en zonas con seca estival e experiencias de manexo de gando e producción de forraxe sen áreas con dificultades especiais.
O día 21 as actividades inícianse ás 09:30 e finalizan ás 15:15 cun xantar. Tratarase a historia da implantación de pastos no montes de Penamá e o cebo de bois. A continuación realizaranse visitas a explotacións e montes.
O prazo de inscrición remata o 16 de outubro. Poden facelo no Concello de Allariz chamando ao 981 44 00 01, ou na SGPF mediante o sgpf.galicia@gmail.com ou chamando a 686 620 154 / 619 032 791.



