- O día 18 en Rodeiro e o 19 en Lalín desenvolveranse xornadas para mostrar o potencial do cooperativismo para fixar riqueza no medio rural, así como para mellorar o rendemento das explotacións lácteas.
- A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza as iniciativas a través da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.
As xornadas “O sector lácteo cooperativo como ferramenta para fixar riqueza no rural” teñen como obxectivo mostrar a capacidade deste modelo de negocio para garantir a riqueza social e medioambiental do medio rural ademáis de pautas para crear empresas cooperativas nestas zonas.
Ademais, trataranse cuestións máis directamente relacionadas coa xestión de explotacións como poden ser o manexo dos pastos, o protocolo Welfare Quality de benestar animal, a eficiencia enerxética ou o emprego responsable do uso de antibióticos, a cargo de persoas expertas nas materias.
Rede Eusumo
Asesoramento, orientación, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal definen a rede transversal de colaboración Eusumo, nacida no 2011 co impulso da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Luns, 18 setembro – Rodeiro
Lugar: Auditorio do Centro Cultural Municipal, Concello de Rodeiro (Pontevedra)
Horario:10:00 – 14:00 horas.
Martes, 19 setembro – Lalín
Lugar: Salón de Actos do Edificio de Usos Múltiples, Polígono Lalín 2000 (Antigua UNED), Lalín (Pontevedra)
Horario: 10:00 – 14:00 horas.



