O vindeiro sábado, 1 de xullo, terá lugar a celebración do Día do Cooperativismo. Este ano, a cooperativa elixida foi Terras da Mariña S. Coop. Galega.
Tal e como avanza a Secretaría Xeral de Emprego é un día onde se conmemoran todos os esforzos realizados polas distintas cooperativas existentes en Galicia.
Dará comezo ás 12:00h, en Lourenzá, na sede de Terras da Mariña, S. Coop. Galega e celebraranse una serie de actos entre os que haberá entrega de premios, actuacións de mimo, maxia e malabares, actuación musical, e unha gran degustación de productos cooperativos.
Haberá un servizo de buses dende diferentes puntos de Galicia, polo que, de querer facer uso deste servizo deben facérllelo saber para organizar as rutas.
Para participar hai que confirmar a asistencia simplemente chamando ao 618365341 ou enviar un mail a gerencia@terrasdamarina.es indicando o número de persoas que queren vir e facilitando un teléfono de contacto. (Prégase confirmación antes do 24 de Xuño de 2017)
Non faltedes!



