• Quejas y sugerencias.
  • Localización y Contacto
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados

AGACA aumenta as súas actividades para promover o papel das mulleres en cooperativas

7 de marzo de 2017
en Sin categoría
Dolores Calvo, presidenta de Nós, As Mulleres, fala sobre educación no Parlamento Europeo
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • AGACA apoia as iniciativas de impulso de participación feminina nas cooperativas do sector agroalimentario.
  • Un 49% de persoas socias de cooperativas agroalimentarias en Galicia é muller, pero só un 12% de cooperativas contan con mulleres no seu Consello Reitor.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2017.- En 2015 Nacións Unidas promoveu un estudo mundial sobre o papel das mulleres no cooperativismo; o 80% das enquisadas afirmou que as cooperativas supoñen unha mellor opción que outras empresas para a inclusión e integración laboral feminina e o avance na equidade de xénero; o 70%, pola súa banda, consideraba que as cooperativas estaban a aumentar os seus programas para equidade de xénero.

Con respecto a España, segundo o INE, a taxa de feminización no sector agropecuario en España en 2016 foi do 23%, aínda que a cantidade de mulleres empregadas nesta rama económica vén acusando un descenso progresivo nos últimos anos.

En Galicia, segundo datos da Consellería do Medio Rural, no 46,95% das explotacións agrogandeiras consta unha muller como titular. En canto ao sector do cooperativismo agroalimentario, as cifra tamén son moi similares (51% de homes fronte ao 49% de mulleres), aínda que elas non ocupan aínda unha porcentaxe siginificativa en postos de responsabilidade (12% en consellos reitores; 3% en presidencias).

En 2016 AGACA publicaba o estudo “Coñecendo o cooperativismo na gandería”, que permitía unha mirada específica nese sector (con datos de 2013), que conta cun 40% de mulleres socias. No que respecta á participación activa, a media de asistencia ás asembleas societarias era do 54% de persoas (1% menos que nas agroalimentarias), das cales o 73,4% son homes.

En consellos reitores, a presenza feminina era do 13% e en presidencias do 5,7%; nas xerencias, en cambio, rolda o 30%, cifra superior á cooperativas agroalimentarias en conxunto, que suman un 23% de mulleres xerentes.

Compromiso coa equidade

Desde AGACA lévanse a cabo diversas iniciativas para dar visibilidade ao papel das socias de cooperativas e tamén ás súas necesidades e reclamacións. “Atrévete Contigo Mesma” — desenvolvida xunto con Obra Social “la Caixa”— é unha das actividades a este respecto. Iniciada en novembro de 2015, participaron nela máis de 500 mulleres que recibiron charlas sobre empoderamento e motivación para tomar parte activa na estrutura administrativa e consellos reitores de cooperativas.

Entre as demandas das asistentes ás actividades de AGACA, en relación coas melloras que as cooperativas poderían facer en materia de equidade, destacan a organización de cursos formativos sobre administración empresarial e fiscal ou xerencia, a adaptación de horarios para favorecer a conciliación —un 88% de enquisadas afirmou ocuparse habitualmente sen axuda de persoas maiores e menores de idade no fogar— ou a adopción de acordos con entidades de coidado infantil e de persoas con dependencia.

A este respecto, AGACA promoveu tamén actividades con algunhas cooperativas en temas como o manexo das novas tecnoloxías e as ferramentas TIC e tamén para mellorar a atención a persoas con dependencia sen detrimento do coidador ou coidadora.

 

07/03/2017

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Contacto
  • Trabaja con nosotros
  • Aviso legal
  • Política de calidad
  • Política de privacidad
  • Perfil del contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Quejas y sugerencias. Asesoramiento al ganadero
  • Canal Interno de Información
  • Comunicación a proveedores
  • Español

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.