• Quejas y sugerencias.
  • Localización y Contacto
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Noticias

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente recoñece dúas novas Entidades Asociativas Prioritarias

24 de enero de 2017
en Noticias
O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente convoca o “Premio Alimentos de España 2017”
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • Conseguiron este recoñecemento Indulleida, S.A, empresa líder europea en transformación de froitas, e Iberico de Comercialización, unha sociedade cooperativa gandeira de carácter nacional
  • A figura das Entidades Asociativas Prioritarias impulsa o fomento da integración das cooperativas agroalimentarias, e contribúe á competitividade, redimensionamiento, modernización e internacionalización das mesmas
  • Con estes novos recoñecementos o Ministerio apoia a mellora da competitividade do sector agroalimentario, ao abrir novas vías de apoios públicos para a integración asociativa a estas dúas importantes entidades

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente recoñeceu, mediante resolución do Director Xeral da Industria Alimentaria, como Entidades Asociativas Prioritarias a Indulleida S.A. e Ibérico de Comercialización S.C.L. no marco da  Lei de fomento da integración de cooperativas e doutras entidades asociativas de carácter agroalimentario.

Indulleida S.A., é unha empresa líder europea en transformación de froitas, que   mantivo o seu dinamismo exportador en 58 países como destinatarios dos seus produtos elaborados, coas achegas dos seus 1.376 socios produtores  a través   das   cooperativas  de    primeiro e  segundo  grao  e entidades mercantís coas que acceden ao recoñecemento, distribuídas en Cataluña, Aragón, Navarra, A Rioxa e Estremadura.

Iberico Comercialización S.C.L. é unha sociedade cooperativa gandeira, de carácter nacional, constituída en febreiro de 1999, que na actualidade conta con máis de 100 socios produtores de porcino ibérico, distribuídos en Estremadura, Andalucía e Castela e León. Durante estes os últimos anos experimentou un notable crecemento no volume de comercialización do gando porcino, converténdose nunha das empresas de maior recoñecemento no sector.

Con estes dous recoñecementos o sector cooperativo dispón na actualidade de cinco   Entidades Asociativas Prioritarias (EA Group, DCOOP,   AN, Indulleida e Ibérico de Comercialización).

FOMENTO ASOCIACIONISMO AGROALIMENTARIO

Dentro do conxunto de medidas para o fomento do asociacionismo agroalimentario  cabe  destacar  as  que,  dentro  do  Programa  Nacional  de Desenvolvemento  Rural,   teñen   entre   os seus   posibles   beneficiarios   a Entidades   prioritarias. A contribución pública proposta para o período 2014-2020 no conxunto de medidas tendentes á integración asociativa supón  máis de 256 millóns de euros.

Proximamente, procederase a efectuar as convocatorias correspondentes a 2017 para as submedidas correspondentes ao fomento da integración asociativa dentro do PNDR.

En relación coa convocatoria da submedida de investimentos para as EAP contarase con mais de 18 Millóns de euros de gasto público total para 2017 e máis de 16 Millóns de euros para 2018, sendo o límite de axuda máximo por proxecto de investimento de 5.000.000 de euros.

Pola súa banda, as convocatorias de axudas para accións de formación e para actividades de demostración e información relacionadas coa actividade das EAP superarán os 400.000 euros para cada unha delas na anualidade 2017.

No que corresponde ás submedidas de cooperación para proxectos de subministración sustentable de biomasa e prácticas ambientais en curso, superasen os 200.000 euros en 2017 no seu conxunto.

NOVO MODELO COOPERATIVO

O esforzo despregado polo Ministerio a favor das entidades asociativas queda patente con este conxunto de medidas, coas que se impulsa un novo modelo cooperativo líder en sectores estratéxicos, contribuíndo ao sostemento e desenvolvemento da economía do país e do mundo rural.

Neste sentido, as cooperativas agroalimentarias son empresas vinculadas de forma estable ao territorio e ao produtor, exercendo un forte liderado na economía local e na fixación de poboación ao territorio, ademais de contribuír ao equilibrio, a ordenación e o desenvolvemento rural. Por iso, os beneficios sociais que caracterizan ás cooperativas e o incremento do valor de facturación que acompaña á súa asociación, xustifican as medidas e o esforzo orzamentario realizado a favor da integración cooperativa.

 

Pode consultar a Nota de Prensa completa en «Documentación 1» (en español).

24/01/2017

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Contacto
  • Trabaja con nosotros
  • Aviso legal
  • Política de calidad
  • Política de privacidad
  • Perfil del contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Quejas y sugerencias. Asesoramiento al ganadero
  • Canal Interno de Información
  • Comunicación a proveedores
  • Español

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.