• Quejas y sugerencias.
  • Localización y Contacto
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Noticias

Publícase a Lei 6/2016 da economía social de Galicia

18 de mayo de 2016
en Noticias
Exclúense os sábados do cómputo de prazos
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
Texto extraído da normativa

Publícase a Lei 6/2016 da economía social de Galicia

  • Tendo en conta as potencialidades da economía social e as competencias que ten atribuídas a Comunidade Autónoma de Galicia nesta materia, resulta importante a aprobación dunha norma legal que dote o sector dunha regulación propia en sintonía coa realidade galega e que fomente a súa consolidación e expansión.

A economía social engloba un conxunto de actividades económicas e empresariais que no ámbito privado levan a cabo entidades que perseguen, ben o interese colectivo das persoas que o integran, ben o interese xeral económico ou social, ou ambos os dous, mostrándose día a día como un actor fundamental no desenvolvemento da sociedade actual.

Esta Lei da economía social de Galicia ten entre os seus obxectivos principais o de poñer en valor este sector económico, dotalo da relevancia que merece polas súas achegas á sociedade e impulsar a súa capacidade de xerar un modelo de desenvolvemento económico e social equilibrado e sustentable.

Por medio desta lei intégrase o sector, ata o de agora disperso, situándose nun plano de participación que abre canles de interlocución capaces de melloraren a eficacia das políticas activas de emprego e a dinamización económica e social de Galicia. Así mesmo, establécense mecanismos de coordinación entre os distintos axentes públicos e as entidades de economía social, que facilitan concretar obxectivos e aglutinar esforzos e incentivos para o desenvolvemento do sector.

— A lei estrutúrase en catro capítulos con dezaoito artigos, cinco disposicións adicionais, dúas transitorias, unha derrogatoria e cinco derradeiras.

O capítulo primeiro recolle as disposicións xerais e nel reflíctese o obxecto da norma, no que destaca a vontade de acadar un maior recoñecemento e visibilidade do conxunto das entidades asociativas que conforman a economía social, así como a de fomentar o seu desenvolvemento. Defínense o concepto de economía social, o ámbito de aplicación e os valores e principios orientadores comúns, tendo en conta os aspectos singulares derivados da realidade galega.

O capítulo segundo identifica as entidades que forman parte da economía social en Galicia e establece as bases da súa organización e representación. Entre as achegas singulares que realiza a lei, cómpre destacar a incorporación das comunidades de montes veciñais en man común, institución peculiar recollida no dereito civil galego, ao Catálogo galego de entidades da economía social.

O terceiro capítulo define o marco galego de participación do sector respectando as competencias atribuídas ao Consello Galego de Cooperativas. Créase o Consello da Economía Social de Galicia como órgano de carácter consultivo e asesor para as actividades relacionadas coa economía social, tamén en materia de promoción e difusión da economía social.

O cuarto e último capítulo céntrase na promoción, no fomento e na difusión da economía social, dos seus principios e valores, e incorpora obxectivos específicos para un eficaz despregamento deste labor en todo o territorio galego, entre os que cómpre destacar a especial referencia ao labor de impulso e dinamización do autoemprego, do emprendemento de base cooperativa e da colaboración empresarial.

Ver a norma completa, segundo DOG nº 93, do 4 de maio de 2016, en «Documentación 1» (PDF)

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Contacto
  • Trabaja con nosotros
  • Aviso legal
  • Política de calidad
  • Política de privacidad
  • Perfil del contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Quejas y sugerencias. Asesoramiento al ganadero
  • Canal Interno de Información
  • Comunicación a proveedores
  • Español

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.