COMUNICADO DE PRENSA:
Cooperativas Agro-alimentarias de España presenta as súas propostas para o sector lácteo
- Cooperativas Agro-alimentarias de España enviou as súas propostas para afrontar a crise do sector lácteo a Bruxelas e ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Estas propostas serán debatidas no COGECA, e posteriormente, elaborarase unha texto conxunto do COPA-COGECA que se enviará á Comisión, tal e como se acordou no último Consello de Ministros da UE.
MEDIDAS DE CARÁCTER XERAL
- Determinar os mecanismos de alerta precoz e de prevención das crises, corresponsabilizando ao conxunto dos operadores da cadea.
- Definir os diferentes niveis de crises sobre a base de criterios e indicadores rexistrados no Observatorio Lácteo Europeo.
- Potenciar as medidas do Paquete Lácteo que fomenten a posibilidade de auto control da produción: organizacións de produtores, interprofesionais. Aplicación do artigo 222 do regulamento 1308/2013. Posibilidade de financiamento da medida, (diñeiro público, extensión de norma etc.)
- Medidas de apoio colateral para a consolidación de estruturas no sector primario, que leven a posibilidade de autorregulación. (Axudas ás OPs nos PDRS nacionais e autonómicos, mellora nas axudas asociadas do pago básico a aqueles produtores integrados en estruturas que permitan a autorregulación e compromisos coa xestión da comercialización).
- Apostar polo funcionamento das medidas do Paquete Lácteo. Analizar o seu funcionamento e establecer os mecanismos de mellora.

MEDIDAS DE MERCADO
Conxunturais
- Subida temporal do prezo de intervención da manteiga e do leite en po.
- Medidas excepcionais de promoción no mercado interior para atallar a diminución do consumo.
- Intensificar os esforzos para abrir novos mercados fóra da UE e suprimir as barreiras non arancelarias.
Estruturais
1.- Revisión dos chans de referencia e dos prezos de intervención da manteiga e do leite en po.
2.- Asignación de recursos financeiros como parte dun apoio excepcional para fomentar a súa autorregulación.



