- AGACA organiza a próxima semana tres xornadas especializadas no sector vacún, co patrocinio de Zoetis.
- A primeira delas terá lugar en Santa Comba o día 16 de febreiro; o 17 de febreiro será en Chantada e o día 18 rematará o ciclo en Curtis.
Relatores especializados nas necesidades das explotacións de gando vacún presentarán as novidadades e consellos para optimizar o traballo nas ganderías.
Fernando González, auditor de leite cru na entidade Certifood, presentará a charla “Importancia da bioseguridade nas explotacións de vacún leiteiro. Presentará medidas de prevención de enfermidades tanto no manexo do gando como no coidado e mantemento das explotacións.
Por outra banda, Nacho Peón, do Departamento Técnico de Zoetis Salud Animal, explicará claves na recría da xovenca.
As tres xornadas terán formatos similares e, ao remate, inclúen comida.
Consulte programa completo en «Documentación 1»



