[row][third_paragraph] 
[/third_paragraph][paragraph_right]
O “Programa iCOOPERA: asesoramento gratuíto a pequenas e medianas cooperativas en proxectos de I+D+i y TICs” preséntase en Lugo o 17 de abril
O vernes, 17 de abril, as pequeñas e medianas cooperativas e profesionais vinculados con interese en recibir asesoramento, acompañamento e orientación de balde en materia de innovación (I+D+i) e Tecnoloxías de Información e da Comunicación (TICs), teñen unha cita indispensable en Lugo.
A iniciativa parte da Consellería de Traballo e Benestar, que presentará ese día en Lugo o Programa iCoopera de apoio para aquelas entidades cooperativas que desexen elaborar propuestas e proxectos de I+D+i para concursar a axudas públicas, desenvolver melloras nas páxinas web, venda por Internet, xestión conxunta, etc. [/paragraph_right] [/row]
O programa iCOOPERA, que é gratuíto, resulta especialmente atractivo para entidades que necesiten recibir asesoramento para iniciar ou optimizar a súa presenza en Internet con fin de gañar en visibilidade e competitividade. Ofrece, ademais, cursos de teleformación para aprender o manexo das ferramentas TICs e estratexias de I+D+i.
Este servizo (presentado por primeira vez en Santiago, o 18 de marzo) está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa Operativo FSE Galicia que de potenciación da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e o uso de tecnoloxías da información e as comunicacións en cooperativas.
[list][item icon=”🌎”] Lugar: Fundación Cela [/item][item icon=”📅” ] Data e hora: 17 de abril de 2015, de 10:00 a 13:00 h [/item][item icon=”📞” ] Teléfono: 981 584 783 [/item][item icon=”✉”] Mail: agaca@agaca.coop [/item][item icon=”” ] Web: www.agaca.coop[/item][/list]



