Os escolares aprenden alimentación saudable con “Almorz@ con Beizos Brancos”
- Unha ducia de colexios de toda a xeografía galega aprenderá as claves dos almorzos saudables da man da actividade “Almorz@ con Beizos Brancos”, organizada por AGACA e Obra Social “la Caixa”
- Estudantes do segundo ciclo de educación primaria participaran nesta iniciativa, que traslada ás aulas os consellos nutricionais para que os pequenos e pequenas comecen o día co aporte enerxético e nutritivo adecuado.
Deseñada para entreter e educar, a actividade contará coa colabroación da nutricionista María Fernández, que explicará aos escolares as claves dunha correcta alimentación. A charla incide na importancia tomar alimentos variados, como froitas, lácteos, cereais e derivados, para recibir todos os nutrintes e a enerxía precisos para comezar o día.
Os escolares interveñén elaborando menús equilibrados que poderán propoñer na casa para futuros almorzos. Búscase así a implicación das familias na alimentación sa.
Almorzos equilibrados
O menú que poderán catar nas escolas é rico e variado: como aportación láctea, os estudantes beberán un vaso de leite enteiro, adozado con cacao puro. Para comer, unha ración de froita (mandarina) e unha rebanda de pan galego con aceite de oliva, unha alternativa natural e saudable aos bolos indsutriais. Os rapaces e rapazas con necesidades alimentarias especiais disporán doutras opcións igualmente saudables, adaptadas a cada caso particular.
Os beizos brancos
Xunto coa vertente nutricional, os escolares aprenderán cómo se extrae o leite e qué procesos pasa dende que sae da granxa ata que chega aos vasos.



