• Quejas y sugerencias.
  • Localización y Contacto
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español
  • Gallego
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español
  • Gallego
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Blog

Marisol Padín: «Las mujeres siempre fuimos un pilar fundamental, pero ahora también ocupamos espacios de decisión»

Entrevista publicada en revista Cooperación Galega Nº 179, Agosto 2026

31 de agosto de 2026
en Blog
Marisol Padín: «As mulleres sempre fomos un piar fundamental, pero agora tamén ocupamos espazos de decisión»
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Marisol Padín forma parte do Consello Reitor de Condes de Albarei desde 2006. Nesta entrevista reflexiona sobre a evolución da presenza feminina nos órganos de goberno das cooperativas, os retos que aínda quedan por diante e a importancia de que máis mulleres dean o paso cara aos postos de responsabilidade.

Como chegou ao Consello Reitor de Condes de Albarei?

Entrei no Consello Reitor no ano 2006. Naquel momento estaba a formarse unha candidatura encabezada por Guillermo Rodríguez, quen me animou a dar o paso. Foi algo moi natural, polo vínculo que xa tiña coa cooperativa e pola confianza que me transmitían as persoas que formaban parte daquela candidatura. Desde entón fun continuando no Consello de maneira ininterrompida e, a día de hoxe, xunto coa actual presidenta, Dolores Calvo, son unha das integrantes máis veteranas.

Que significa para vostede formar parte do órgano de goberno dunha cooperativa?

Para min é, sobre todo, unha gran responsabilidade. Aquí tómanse decisións importantes que afectan a todas as persoas socias e ao futuro da cooperativa, e iso hai que telo sempre presente. Eu intento achegar o que podo, escoitar moito, aprender das demais persoas e facer as cousas con sentido común. Ao final, trátase de sumar e de procurar o mellor para todos.

Cree que a presenza das mulleres nos consellos reitores mudou nos últimos anos?

Si, iso nótase. As mulleres sempre fomos un piar fundamental na actividade agraria, no coidado dos campos, dos animais e, no noso caso, tamén das viñas e da vendima. Porén, non foi ata hai poucos anos cando empezamos a ocupar espazos visibles e recoñecidos de responsabilidade, administración e xestión, tradicionalmente desempeñados por homes. Aínda queda camiño por percorrer, pero penso que imos avanzando.

Que pode achegar unha maior diversidade aos espazos onde se toman as decisións?

Creo que a diversidade é fundamental. Cando hai diferentes puntos de vista e experiencias, as decisións adoitan ser máis equilibradas e completas. Non todas as persoas pensamos igual, e iso, ben xestionado, é unha riqueza para a cooperativa.

Que retos considera que aínda teñen por diante as mulleres dentro do cooperativismo?

Aínda hai aspectos por mellorar, especialmente no acceso aos postos de responsabilidade e na visibilidade das mulleres. Tamén está o reto da conciliación, que non sempre é doada. Con todo, penso que imos avanzando e que cada vez existen máis oportunidades.

Que lle diría a unha socia que dubida en dar o paso cara a un cargo de responsabilidade?

Diríalle que se anime e que confíe en si mesma. Moitas veces pensamos que non estamos suficientemente preparadas ou que a nosa voz non vai ser tida en conta da mesma maneira. Pero a súa opinión conta e é  tan necesaria e válida como calquera outra. Ademais, é unha experiencia moi enriquecedora da que se aprende moitísimo.

Como imaxina o futuro da participación feminina nas cooperativas galegas?

Creo que cada vez haberá unha maior presenza feminina e que chegará un momento no que isto se vexa con total normalidade. As novas xeracións veñen con outra mentalidade e iso vai axudar moito a seguir avanzando cara a unha maior igualdade e respecto.

“Actuación financiada a través do Programa de Asistencia Técnica para a mellora da competitividade concedido a Cooperativas Agro-alimentarias de España, por un importe total de 1.171.162,50 € no marco do RD de concesión directa de diversas subvencións en materia agroalimentaria e pesqueira para 2026”.

 

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Contacto
  • Trabaja con nosotros
  • Aviso legal
  • Política de calidad
  • Política de privacidad
  • Perfil del contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Quejas y sugerencias. Asesoramiento al ganadero
  • Canal Interno de Información
  • Comunicación a proveedores
  • Español
  • Gallego

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español
  • Gallego

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.