• Quejas y sugerencias.
  • Localización y Contacto
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español
  • Gallego
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español
  • Gallego
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Blog

El privilegio de producir superalimentos

Editorial Nº 179 cooperación Galega, Agosto 2026

31 de agosto de 2026
en Blog
Necesidade de recuperar SAU
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Os galegos somos recoñecidos como produtores e consumidores de alimentos de moi elevada calidade. No noso rural estamos especializados na produción de proteína animal: leite e carne. Producimos máis do 40 % do leite de España. Temos o privilexio de ter á nosa disposición unha ampla gama dos mellores leites, queixos, iogures, natas etc. a prezos económicos. O leite de vaca galego é producido por ganderías familiares e transformado por industrias e cooperativas que están preto das ganderías e do medio rural.

A actividade gandeira de leite e carne achega múltiples beneficios ao territorio. Converte biomasa en alimentos de alto valor nutricional e contribúe a reducir o risco de incendios grazas ao aproveitamento da vexetación.

A actividade gandeira de leite e carne achega múltiples beneficios ao territorio. Converte biomasa en alimentos de alto valor nutricional e contribúe a reducir o risco de incendios grazas ao aproveitamento da vexetación. As vacas de leite e de carne forman parte do ecosistema de pasteiros e agroforestais con gran capacidade de captura de carbono e de modulación do ciclo da auga. As vacas transforman recursos vexetais que as persoas non podemos aproveitar directamente en alimentos de extraordinario valor nutricional, como o leite e a carne, a partir dos que se poden elaborar múltiples produtos. As vacas axudan á conservación do ecosistema con maior potencial de biodiversidade que as terras abandonadas, a disposición do lume.

Os alimentos lácteos son esenciais desde o punto de vista nutricional para a prevención de certas enfermidades que os consumidores debemos considerar e valorar. O leite é fonte de proteínas, minerais, vitaminas, ácidos graxos e péptidos bioactivos, algúns dos cales teñen propiedades antioxidantes e antiinflamatorias. As necesidades de calcio son moi elevadas na adolescencia, no embarazo, durante a lactación, en idades avanzadas e para os deportistas. O leite é a principal fonte de calcio, pero tamén de vitaminas liposolubles, proteínas de alto valor biolóxico e compoñentes bioactivos.

Debemos esforzarnos en preservar e potenciar un sector que medra todos os anos e que produce uns alimentos que constitúen un dos sinais de identidade da nosa gastronomía e desempeñan un papel esencial nunha dieta equilibrada e nutritiva.

Non se entende a gastronomía galega, nin a nosa cociña sen os nosos alimentos lácteos e os diferentes derivados cárnicos, que forman parte da nosa cultura. Os galegos debemos esforzarnos en preservar e potenciar un sector que medra todos os anos e que produce uns alimentos que constitúen un dos sinais de identidade da nosa gastronomía e desempeñan un papel esencial nunha dieta equilibrada e nutritiva, en beneficio dos consumidores galegos e de toda España.

O sector lácteo galego proporciona garantías totais para os consumidores e o medio ambiente, ao tempo que representa un motor de desenvolvemento socioeconómico e de innovación no noso medio rural. O futuro sostible non está nos alimentos ultraprocesados, nin nas proteínas sintéticas, ou nas proteínas alternativas que promoven algúns, nin no márketing baseado en afirmacións non científicas e sen fundamento. Aínda que algúns o pretenden, non se pode impoñer quen ten que comer que. O leite e os produtos cárnicos forman parte fundamental  dunha dieta equilibrada. As proteínas animais e vexetais son complementarias e o seu consumo combinado sempre será beneficioso para as persoas.

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Contacto
  • Trabaja con nosotros
  • Aviso legal
  • Política de calidad
  • Política de privacidad
  • Perfil del contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Quejas y sugerencias. Asesoramiento al ganadero
  • Canal Interno de Información
  • Comunicación a proveedores
  • Español
  • Gallego

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Español
  • Gallego

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.