RESUMEN ELABORADO POR AGACA
Puede consultar/descargar este resumen de la ORDEN en “Documentación” (formato PDF en gallego) y consultar la ORDEN completa en el enlace “web”.
— ORDEN del 29 de agosto de 2025 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas por daños en las explotaciones forestales, agrícolas o ganaderas para la reparación de los daños causados por los incendios forestales que afectan a Galicia durante el verano de 2025, y se convocan para el año 2025. Consellería do Medio Rural. DOG 166 (30/08/2025)
OBJETO
Esta orde ten por obxecto establecer as bases para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025., para a reposición de explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras danadas.
Código de procedemento:
MR616A (explotacións agrícolas e gandeiras)
MR616C (explotacións forestais)
AYUDAS PARA LA REPOSICION DE EXPLOTACIONES AGRÍCOLAS Y GANADERAS (MR616A)
OBJETO
Estas axudas poderán destinarse:
a) Á perda de ingresos ocasionada pola destrución total ou parcial da produción agrícola.
b) Aos danos materiais a activos como edificios agrarios, equipamento e maquinaria, existencias e medios de produción.
As axudas tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva.
LÍNEAS DE AYUDA
a) Axuda para a reparación de bens, maquinaria, equipamento ou medios de produción das explotacións agrícolas ou gandeiras (liña I-G).
b) Axuda pola perda total ou parcial da produción agrícola das explotacións agrícolas e gandeiras (liña II-G).
c) Axuda pola morte de gando ou pola destrución ou afectación de colmeas das explotacións gandeiras e apícolas (liña III-G).
d) Axuda para a adquisición de alimentación complementaria para o gando en extensivo ou as colmeas nas zonas afectadas (liña IV-G).
PERSONAS BENEFICIARIAS
Persoas titulares de explotacións agrícolas e gandeiras.
Unha mesma persoa solicitante poderá solicitar unha ou varias das catro liñas de axuda. O expediente de axudas será único.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
a) Liña I-G: os gastos de reparación dos danos causados nos edificios agrarios, maquinaria, equipamentos e medios de produción das explotacións agrícolas e gandeiras. No caso de que quedasen inutilizados, poderán ser substituídos por nova maquinaria (nova ou de segunda man).
b) Liña II-G: a perda de ingresos ocasionada pola destrución total ou parcial da produción agrícola.
c) Liña III-G: o valor dos animais mortos ou das colmeas destruídas e queimadas ou afectadas pola perda do enxame, como consecuencia dos incendios forestais nas zonas afectadas.
d) Liña IV-G: o valor da alimentación complementaria que hai que subministrarlles aos animais e colmeas superviventes nas zonas afectadas, para un período máximo de seis meses, calculado en función do número de animais, e a súa categoría ou idade, ou colmeas.
CUANTÍA DE LA AYUDA
a) Liña I-G: no caso de bens, maquinaria, equipamento ou medios de produción danados nas explotacións agrícolas e gandeiras, o 100 % do investimento elixible, cun límite máximo de 200.000 euros. No caso de superficie de viñedo a axuda será o importe máis baixo entre o orzamento presentado e os módulos establecidos na orde de 8/4/25 das axudas aos plans de reestructuración e reconversión da viña (MR446A). No caso de bens e maquinaria, a axuda será o importe máis baixo entre o orzamento presentado e ols límites da orde do 11/6/25 das axudas ás persoas agricultoras mozas (MR404A-MR405F)
b) Liña II-G: no caso de danos derivados da perda total ou parcial da produción agrícola, a axuda será do 100 %, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 75.000 euros. No caso de viñedo cífrase a perda de ingresos en 12.743,90 €/ha; no caso da castaña en 1,22 €/kg. No caso de forraxes conservadas en función do tipo de forraxe (herba seca, verde, palla, millo forraxeiro) e o sistema de conservación (sen recoller, pacas, ensilado)
c) Liña III-G: no caso de morte de gando, ou de destrución ou afectación de colmeas, os importes correspondentes aos baremos que figuran no anexo VI desta orde, sen que exista nesta liña ningún límite máximo por persoa beneficiaria (en función da especie, da idade e característica do gando)
d) Liña IV-G: no caso de adquisición de alimentación complementaria para o gando en extensivo ou as colmeas nas zonas afectadas, o 100 % do custo calculado deste para un máximo de seis meses, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 15.000 euros.
ANTICIPOS
Poderán realizarse pagamentos anticipados do 50%, quedando estes exentos da obriga de constituir garantías.
PLAZO DE SOLICITUD
Dende o 1 de setembro de 2025 ata o 1 de outubro de 2025.
AYUDAS PARA LA REPOSICION DE EXPLOTACIONES FORESTALES (MR616C)
OBJETO
Estas axudas poderán concederse para a reposición das infraestruturas de titularidade privada situadas en terreos forestais, a maquinaria e equipamento forestal danados como consecuencia dos labores de extinción dos incendios forestais ou ocasionados por estes, a extracción ou eliminación da madeira amoreada queimada, eliminación da madeira non comercial afectada polo incendio ou traballos de sinalamento, cubicación e/ou taxación de madeira comercial e plantacións substitutorias nas zonas afectadas polos incendios.
As axudas tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva.
LÍNEAS DE AYUDA
a) Axuda para a reparación dos danos causados a infraestruturas de titularidade privada (liña I-F).
b) Axuda para a reparación da maquinaria e equipamento forestal danados en tarefas de colaboración na extinción dos incendios forestais ou ocasionados por eles (liña II-F).
c) Axuda aos gastos de eliminación de madeira non comercial; de extracción ou eliminación de madeira de corta comercial amoreada e dos traballos de sinalamento, cubicación e/ou taxación de madeira comercial (liña III-F).
d) Axuda para plantacións substitutorias (reposición de forestacións executadas a partir do 1 de xaneiro de 2020) (liña IV-F). En ningún caso serán subvencionables plantacións co xénero Eucalyptus, mesmo cando previamente o terreo estivese ocupado por esta especie antes do incendio.
PERSONAS BENEFICIARIAS
Persoas propietarias ou arrendatarias de terreos forestais. Poderán ser beneficiarias as agrupacións forestais de xestión conxunta, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, e as comunidades de montes veciñais en man común.
Unha mesma persoa solicitante poderá solicitar unha ou varias das catro liñas de axuda. A persoa solicitante de varias liñas de axuda deberá realizar solicitudes individualizadas por cada liña en que teña interese.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
a) Liña I-F: a reparación de pistas forestais, captacións de augas, cerramentos, bebedorios e comedeiros.
b) Liña II-F: os gastos de reparación dos danos causados na maquinaria e no equipamento forestal ocasionados en tarefas de colaboración nos labores de extinción.
c) iña III-F: os gastos de extracción ou eliminación de madeira de corta comercial e non comercial amoreada ou traballos de sinalamento, cubicación e/ou taxación de madeira comercial na zona afectada polos lumes.
d) Liña IV-F: os gastos de reposición de forestacións executadas a partir do 1 de xaneiro de 2020 e danadas por incendios forestais.
CUANTÍA DE LA AYUDA
a) Liña I-F: no caso de reparación dos danos causados a infraestruturas, será do 100 % do investimento elixible, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 15.000 euros.
b) Liña II-F: no caso de maquinaria e equipamento forestal danados en tarefas de colaboración nos labores de extinción ou ocasionados por estes, será do 100 % do investimento elixible, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 50.000 euros.
c) Liña III-F: no caso dos gastos da madeira amoreada queimada e de corta, recollida e estelado da madeira queimada non comercial ou traballos de sinalamento, cubicación e/ou taxación de madeira comercial, será do 100 % do investimento elixible, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 50.000 euros.
d) Liña IV-F: no caso de plantacións substitutorias, será do 100 % do investimento elixible, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 100.000 euros.
ANTICIPOS
Poderán realizarse pagamentos anticipados do 50%, quedando estes exentos da obriga de constituir garantías.
PLAZO DE SOLICITUD
Dende o 1 de setembro de 2025 ata o 1 de outubro de 2025.



