– Ayudas a la implantación de medidas ASG para 2025. Hasta el 30/09/2025.

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la RESOLUCIÓN en “Documentación” (formato PDF en gallego) y consultar la Resolución completa en el enlace “web”.

— RESOLUCIÓN del 14 de julio de 2025 por la que se le da publicidad al acuerdo del Consejo de Dirección que aprueba las bases reguladoras de las ayudas a la implantación de medidas para el avance en el cumplimiento de criterios ambientales, sociales y de gobernanza (ASG) en las empresas gallegas para el año 2025. Instituto Galego de Promoción Económica. DOG nº 142 (28/07/2025)

OBJETIVO

Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos individuais nos cales unha empresa aborda medidas de impacto nos factores ASG (ambientais, sociais e de gobernanza), especificamente deseñadas ou desenvolvidas para o seu ámbito de actividade.

As axudas tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300F).

Os proxectos propostos deben dirixirse a un ou varios dos 18 obxectivos que se agrupan en 4 tipoloxias: globais, ambientais, sociais ou gobernanza.

Tipoloxía Obxectivo
Globais 1. Auditoría e avaliación de riscos ASG
2. Consultoría e certificación de empresa B-CORP
a) Informe de EIB
b) Custos de verificación final máis certificación
c) Recertificación
Ambientais Redución do consumo de recursos no proceso produtivo.
3. Redución do consumo de recursos naturais, materias primas e semielaborados.
4. Mellora da eficiencia enerxética
5. Monitorización e control de procesos.
6. Medición, monitorización e redución de pegada de carbono e pegada hídrica.
Redución da xeración de residuos no proceso produtivo
7. Redución e/ou reutilización de residuos e subprodutos.
8. Clasificación e/ou valorización de residuos e subprodutos.
9. Deseño e desenvolvemento de envases e embalaxes ecoeficientes.
10. Consultoría e certificación de ecodeseño: ISO 14006.
Análise do ciclo de vida do produto.
11. Incorporación de criterios de sustentabilidade nas compras.
12. Análise de ciclo de vida e implantación de estratexias de deseño sustentable baseadas no principio «berce a berce».
Sociais 13. Diversidade e inclusión
14. Ética laboral
15. Elaboración de programas de investimento na comunidade
Gobernanza 16. Estruturas das xuntas directivas
17. Transparencia financeira
18. Ética empresarial

PERSONAS BENEFICIARIAS

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo os empresarios autónomos, que teñan un centro de traballo en Galicia no cal se vaia realizar o proxecto.
Exclúense as empresas que sexan prestadoras dos mesmos ou similares servizos ou subministradoras dos mesmos ou similares equipos para os que solicitan a axuda.
Tamén queda excluída a produción agrícola primaria e a produción primaria de produtos da pesca e da acuicultura, e as actividades na explotación ou a bordo, necesarias para a preparación dun produto agrícola, pesqueiro ou acuícola para a primeira venda ou a primeira venda a revendedores ou transformadores.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

a) Activos materiais e inmateriais:

i. Sensores, equipos e sistemas para a medición, monitorización, seguimento e control de parámetros produtivos e ambientais.

ii. Hardware e software intelixente para proceso da información cando sirva ao aforro, monitorización ou control de insumos e de consumo de recursos hídricos ou enerxéticos, ou ben para a redución da produción de refugallos, así como os gastos de desenvolvemento do dito software. En ningún caso serán subvencionables os gastos de mantemento ou o canon dixital.

iii.Nova maquinaria e bens de equipo, unicamente no caso de que se trate de equipos destinados á reutilización ou reciclaxe in situ de refugallos producidos nos procesos da empresa ou equipos destinados especificamente á redución de emisións ou recuperación de recursos hídricos.

b) Servizos de consultoría externa, de deseño de procesos ou de produtos máis eficientes, ou organizativa (asistencia técnica, ecodeseño, reenxeñaría de procesos, programas de responsabilidade social ou propostas dirixidas a mellorar a gobernanza, a xestión de riscos ASG ou de cara á certificación B CORP.

Os bens e servizos subvencionados deberán ser adquiridos a terceiros en réxime de propiedade.

PERIODO DE EJECUCIÓN

Abranguerá desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá, en ningún caso, superar a data para a execución dos proxectos establecida na resolución de convocatoria (30 de setembro de 2026).

CUANTÍA DE LA AYUDA

A subvención será do 80 % dos investimentos materiais e inmateriais e gastos de colaboracións externas subvencionables, cos seguintes límites inferiores e subvención máxima:

  • Importe mínimo por empresa 3.000 €
  • Subvención máxima por empresa 60.000 €
  • Subvención máxima en proxectos só de consultoría, por empresa 30.000 €
  1. • Cando un proxecto só de consultoría se refira a un traballo específico para un só dos 18 obxectivos previstos, o importe máximo subvencionable por empresa será de 15.000 €.
  2. • Nos supostos en que se prevé a certificación, os custos de certificación non se consideran incluídos nos límites anteriores establecidos para custos de consultoría.

As persoas beneficiarias disporán de anticipos do 80% do importe da subvención concedida, co límite da anualidade prevista no exercicio orzamentario correspondente, no momento da resolución de concesión de axuda.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para presentar as solicitudes abrangue dende o 5 de agosto ao 30 de setembro de 2025.

RÉXIME DE MÍNIMIS

As axudas establecidas nesta orde quedan sometidas ao réxime de minimis.

  • Facebook
  • Twitter