Algunha vez tiveches que enviar un PDF pero só tiñas o documento en Word ou, peor, en papel? Pesaba demasiado para envialo por correo electrónico? Deixamos algunhas ferramentas gratuítas en liña que che poden sacar dun apuro.
Tinywow
Na web https://tinywow.com hai tantas ferramentas de texto, vídeo, foto… que non hai espazo aquí para describilas.
• PDF: conversores de Word a PDF e viceversa, editores para cortar ou combinar arquivos, modificar texto e fotos e mesmo firmar, protexer con contrasinal ou traducir o PDF…
• Imaxe: cambiar tamaño, recortar, cambiar cores, crear collages, quitar marcas de auga ou fondos…
• Vídeo: descargar vídeos dalgunhas redes sociais, cambiar formatos (mp4 a mp3), pasar un audio a texto…
– A favor: case todas funcionan tanto en móbil como en PC, non precisa rexistrarse e engaden novas funcións con frecuencia, por exemplo, contan cunha IA (intelixencia artificial) para crear imaxes a partir dunha descrición de texto que lle deamos.
– En contra: está só en inglés.
Microsoft 365 Online
Office ten versión online gratuíta de Word, Excel, PowerPoint e outras ferramentas. Atópase en https://bit.ly/office-internet
– A favor: podes usalo en calquera ordenador con conexión a Internet e gardar os arquivos online (en OneDrive) ou descargalos.
– En contra: non ten o 100% das funcións dos programas de pago, só funciona en ordenador e cómpre rexistrarse (salvo que teñas un correo electrónico de Hotmail ou Outlook, en cuxo caso xa podes acceder co mesmo contrasinal).
Escanea documentos con Drive
Se tes conta de Gmail e un móbil con cámara e Internet podes escanear documentos e gardalos en PDF en Drive facilmente:
![]() |
![]() |
![]() |
– A favor: é instantáneo e podes modificar a foto para centrar o documento.
– En contra: a calidade do PDF depende da calidade da foto. Cómpre conta de Gmail.
Leer revista completa:







