• Quejas y sugerencias.
  • Localización y Contacto
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español
  • Gallego
No Result
View All Result
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español
  • Gallego
AGACA
No Result
View All Result
Home Blog

Avanzan as mulleres na economía social?

Resultados preliminares do Sistema de Asistencia Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social, SAVES

19 de junio de 2023
in Blog
Avanzan as mulleres na economía social?
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

O 24 de marzo a xornada “Muller e agrocooperativismo en Galicia” xuntou no compostelán Museo do Pobo Galego a decenas de persoas para dar a coñecer a evolución do rol das mulleres nas cooperativas do sector agroalimentario en Galicia, co gallo da presentación dos resultados preliminares do Sistema de Asistencia Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social, SAVES (máis información no Caderno Técnico), desenvolvido pola Universidade de Vigo, coa que colabora AGACA.

 

Na xornada, mulleres representativas do movemento cooperativo galego, xunto coa profesora da UVigo María José Cabaleiro, trazaron o mapa do percorrido que as cooperativistas levan avanzado en Galicia.

A tendencia é crecente, como explica Cabaleiro, cun punto de inflexión nas décadas dos 80 e os 90: “Consideramos que é polo inicio da democracia, a incorporación da muller ás entidades económicas, as posibilidades das mulleres de ostentar a titularidade das explotacións e a actividade”. Este avance suavizouse ata 2010, cando remontou de novo, chegando ao 50,31% de socias.

Os datos máis recentes, dunha mostra de 182 cooperativas agrarias que depositan os seus datos no Rexistro de Cooperativas, dan un valor do 46,81% de mulleres. Ademais, a tendencia suxire que son as de tamaño medio quen reúnen maior porcentaxe de socias: o 49,9% da base.

Con todo, durante a xornada incidiuse na dificultade de coñecer a situación real, pois danse casos onde a titularidade dunha explotación recae na esposa ou fillos e fillas malia ser outros membros da familia quen traballan e viceversa.

Tamén a nivel Administrativo hai avances, coa nova PAC que introduce a igualdade e o obxectivo específico de mellorar as condicións das mulleres rurais e incentivar a súa contratación e presenza en organizacións representativas.

En contraste, foi destacado durante o evento que as cooperativas achegan servizos no rural que corresponderían á  Administración tomando como exemplo a vinculación de Viña Costeira coa Asociación Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense, pois abranguen varios concellos, algúns dos cales carecen de servizos públicos que as cooperativas provén, como explicou Concha Iglesias, vicepresidenta da adega.

Neste senso, Carmen Rodríguez, presidenta de Agaca e de Mulleres de Seu e vicepresidenta de Clun, afirmou: “Cústame comprender comentarios que se fan á familia da Economía Social, que nos achacan certo romanticismo frívolo, cando os que traballamos da man da ES estamos á procura do benestar das persoas e da sociedade e, aí, o rol da muller ninguén debería poñelo en dúbida porque as mulleres somos unha das principais forzas transformadoras da economía agraria”.

 

“As mulleres somos unha das principais forzas transformadoras da economía social”,

Carmen Rodríguez

 

Dolores Calvo (presidenta de Nós, As mulleres e da cooperativa Condes de Albarei, e integrante de AMCAE Asociación de Mujeres de Cooperativas Agro-alimentarias de España) avogou pola formación, tanto relacionada coa produción como con aspectos financeiros ou administrativos, unha reivindicación xeneralizada na xornada: “É o que nos vai dar seguridade: para que non te deixes pisar ou que tomen a túa imaxe para outros fins. Se non queres participar na cooperativa non o fagas, pero, se o fas, que sexa por ti mesma”.

Destacou, ademais, os logros dos últimos anos en materia de representación: “Fomos quen de integrar a perspectiva de xénero no sector cooperativo agroalimentario, que hai uns anos ninguén o plantexaba: creo que é un dos avances máis notorios”. Así, en 2019, Jerónima Bonafé, presidenta de AMCAE, incorporouse ao grupo de traballo de  COPA-COGECA en Bruxelas representando ás cooperativistas: “Creo que onde se cocen as cousas e fan as políticas é importante ter alguén que vele polos nosos intereses e obxectivos”.

Higinio Mougán, director-xerente de AGACA, pola súa banda, destacou a importancia de fomentar a corresponsabilidade para acadar a igualdade, pois tanto estudos como a experiencia das cooperativas parecen apuntar a falta de corresponsabilidade como un dos principais obstáculos.

Ao remate da xornada realizouse unha pequena homenaxe á traxectoria profesional de Ana Vence, quen se xubilou. Vence narrou os seus comezos na secretaría da, daquela, recentemente instaurada cooperativa Campo Capela, nos anos 70, da que chegou ata a xerencia. “Vivín a constitución de AGACA, a de Delagro, grandes problemas en Caixa Rural… Vivín de cerca cousas moi importantes en Galicia grazas ás cooperativas e tamén momentos grises. […] Quedo con que hai ilusión por diante, coas persoas que estades aí e o esforzo, e con todo o que aprendín”, declarou.

Esta xornada enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Tags: RedeEusumo
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Contacto
  • Trabaja con nosotros
  • Aviso legal
  • Política de calidad
  • Política de privacidad
  • Perfil del contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Quejas y sugerencias. Asesoramiento al ganadero
  • Canal Interno de Información
  • Comunicación a proveedores
  • Español
  • Gallego

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español
  • Gallego

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar proveedores Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
{title} {title} {title}