Os escolares aprenden alimentación saudable con “Almorz@ con Beizos Brancos”

Agaca
Por Agaca Novembro 27, 2015 13:21

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Os escolares aprenden alimentación saudable con “Almorz@ con Beizos Brancos”

Claves

  • Os preparados de cacao soluble conteñen un 75% de azucre simple, pouco recomendado.
  • Deben comerse como mínimo tres pezas de froita diarias.

Artigos relacionados

Os escolares aprenden alimentación saudable con “Almorz@ con Beizos Brancos”

  • Unha ducia de colexios de toda a xeografía galega aprenderá as claves dos almorzos saudables da man da actividade “Almorz@ con Beizos Brancos”, organizada por AGACA e Obra Social “la Caixa”
  • Estudantes do segundo ciclo de educación primaria participaran nesta iniciativa, que traslada ás aulas os consellos nutricionais para que os pequenos e pequenas comecen o día co aporte enerxético e nutritivo adecuado.

Deseñada para entreter e educar, a actividade contará coa colabroación da nutricionista María Fernández, que explicará aos escolares as claves dunha correcta alimentación. A charla incide na importancia tomar alimentos variados, como froitas, lácteos, cereais e derivados, para recibir todos os nutrintes e a enerxía precisos para comezar o día.

Os escolares interveñén elaborando menús equilibrados que poderán propoñer na casa para futuros almorzos. Búscase así a implicación das familias na alimentación sa.

Almorzos equilibrados
O menú que poderán catar nas escolas é rico e variado: como aportación láctea, os estudantes beberán un vaso de leite enteiro, adozado con cacao puro. Para comer, unha ración de froita (mandarina) e unha rebanda de pan galego con aceite de oliva, unha alternativa natural e saudable aos bolos indsutriais. Os rapaces e rapazas con necesidades alimentarias especiais disporán doutras opcións igualmente saudables, adaptadas a cada caso particular.

Os beizos brancos
Xunto coa vertente nutricional, os escolares aprenderán cómo se extrae o leite e qué procesos pasa dende que sae da granxa ata que chega aos vasos.

Agaca
Por Agaca Novembro 27, 2015 13:21
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*