[row][third_paragraph] 
[/third_paragraph][paragraph_right]
Xornada Vacún de Carne: Pegada de Carbono, evolución do mercado e motivación
- O 5 de xuño terá lugar no Hotel Torre Núñez de Lugo (Estrada N-VI, km. 497) un encontro especializado para entidades socias de AGACA con actividade no sector do vacún de carne.
- O obxectivo da Xornada é ofrecer información e abrir un debate sobre a evolución dos mercados, as organizacións de productores (OPs) e a extensión de norma deste sector, posto que o Ministerio de Agricultura y Medio Ambiente estuda a posibilidade de organizar as OPs no vacún de carne.
[/paragraph_right] [/row]
Presentaranse ademais os resultados do proxecto de I+D+i de Ecomeat sobre a pegada de carbono no sector, baixo dirección técnica do Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) no que participaron varias cooperativas socias e a propia AGACA. É de especial relevancia dada a posibilidade de que o Goberno estableza unha obriga de coñecer a pegada de carbono en entidades con máis de 50 millóns de euros de facturación, que motivará que estas deban coñecer a pegada de carbono dos produtos agrogandeiros dos que se abastecen para a súa actividade.
Adicionalmente, mostrarase a necesidade de coñecer os programas sanitarios en pasteiros e outros temas novidosos, como son los plans de traballo de motivación nas explotacións.
[list ][item icon=”🌎”] Lugar: Hotel Torre de Núñez, Estrada N-VI, km. 496 [/item][item icon=”📅” ] Data e hora: 05 de xuño de 2015, de 10:00 a 14:00 h [/item][item icon=”📞” ] Teléfono: 981 584 783 [/item][item icon=”✉”] Mail: agaca@agaca.coop [/item][item icon=”” ] Web: www.agaca.coop[/item][/list]



