• Quejas y sugerencias.
  • Localización y Contacto
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español
  • Gallego
No Result
View All Result
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español
  • Gallego
AGACA
No Result
View All Result
Home Blog

«InLac es una organización imprescindible para vertebrar el sector lácteo»

Entrevista a Daniel Ferreiro y Nuria Arribas, presidente y gerente de InLac nos desvelan el día a día de InLac

19 de junio de 2023
in Blog
«InLac es una organización imprescindible para vertebrar el sector lácteo»
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Daniel  Ferreiro Otero é o director  xeral  da cooperativa Aira e presidente do Consello Sectorial  de leite e produtos lácteos de Cooperativas Agro-alimentarias de España e, dende decembro de 2022, presidente de InLac por un período  de dous anos.

C.G.:   Daniel,   que   supón   ser elixido  presidente da InLac?

Daniel    F.   (D.   F.):   No   persoal, máis responsabilidades e máis traballo; creo  que  a miña  experiencia no sector  agrogandeiro, así como no mundo cooperativo e  do  asociacionismo, pode ser valiosa  para axudar a unha organización como InLac onde é fundamental ter capacidade de diálogo e  escoita para chegar a acordos coas  distintas  organizacións  que  a conforman. InLac realizou  un inmellorable traballo durante estes últimos  difíciles  anos, marcados pola pandemia, o inicio da invasión de Ucraína e importantes problemas de  sustentabilidade económica e social do sector lácteo. A pesar deste complicado contexto, InLac  impulsou campañas  de  promoción   a  nivel  nacional e  internacional e  outras moitas  accións ás que  estamos a  dar  continuidade actualmente e impulsando outras novas.

Actualmente, son consciente do momento crucial que  vive o sector  lácteo, que  obriga a todas  as organizacións da Interprofesional a colaborar e implicarse na  procura de  estratexias  e  accións que  contribúan ao mantemento do tecido social e empresarial do noso sector lácteo.

C.G.:   Que   obxectivos/retos  se  marca  para estes dous anos?

D. F.: Temos ante nós un sector que  debemos protexer e impulsar. O máis  importante é apontoar o sector  lácteo e conseguir unha adecuada rendibilidade que  impida a  desaparición de operadores, porque  non   podemos  permitirnos o  peche nin  dunha gandería máis,  nin  dunha empresa fabricante ou provedora de servizos.

A vertebración sectorial será fundamental  se queremos asegurar o futuro das familias  e as empresas ligadas a este sector. O Obxectivo, con maiúsculas, debe ser conseguir a  sustentabilidade económica para todos  os elos da  cadea porque, sen iso, non  poderemos progresar tampouco nin na sustentabilidade social  nin na ambiental.

Temos que  seguir favorecendo a substitución xeracional, a  chegada de  mulleres  e  mozas  á actividade e, dende logo, traballar moi duro  para esixir o acceso a insumos, enerxía ou materias primas  a prezos razoables porque os incrementos de custos foron e son inasumibles para gandeiros, cooperativas e fabricantes. A guerra de  Ucraína agravou notablemente a situación.

C.G.:  Por que  é  importante para as  cooperativas que exista unha entidade como  a InLac? E para a sociedade, en xeral?

D. F.: InLac é unha organización imprescindible para mellorar a vertebración do  sector  lácteo e iso beneficia a  todos  os operadores, pero,  indubidablemente, ás cooperativas e aos  gandeiros socios tamén.

No  caso  das  cooperativas, a  súa  voz en  InLac é de vital importancia e recoñecemento para todos. Participamos nos dous elos da cadea: produción e  transformación, porque  contamos coa voz  da  experiencia, a  sabedoría a  pé  de campo e granxa, a adaptación ao mercado e a xeración de valor para os socios. As cooperativas son empresas de economía social esenciais para a supervivencia do sector  lácteo e, por extensión, de todo  o medio rural. InLac cre que é un modelo de  éxito  para o  rural,  en  moitos  casos  a  única fábrica ou empresa asentada nos nosos pobos.

C.G.: Que pode  facer  o sector para ser máis competitivo?

D. F.: O sector lácteo tradicionalmente sufriu unha falta de rendibilidade que reduciu moi significativamente o número de profesionais da gandería e pon  en perigo a supervivencia de cooperativas e empresas lácteas. Por iso, a vertebración sectorial será fundamental se queremos asegurar o futuro das familias  e das empresas ligadas a este sector.

Cómpre seguir  pola liña, sen deterse  nin  perder o brío e a gana de cambiar as cousas  que  non funcionan. Demos pasos de xigante para ter hoxe un dos sectores  lácteos máis  eficientes, competitivos e sostibles, ata  o punto de que  somos unha potencia  europea en  lácteo, cada vez  máis presente  en  mercados  internacionais co   noso leite, queixo, iogur  ou derivados, nun  contexto de grandes dificultades internas  e externas.

Temos que seguir apostando polas campañas de promoción do consumo, loitando contra os bulos e fake news que  atacan con  desinformación aos nosos saudables e nutritivos  produtos lácteos e impulsando as  iniciativas de  I+D+i, de  vertebración  sectorial e de internacionalización.

Temos  que  camiñar unidas, todas   as  organizacións do sector, para ser fortes e conseguir con iso que  as Administracións públicas sexan  sensibles ás nosas lexítimas demandas e reivindicacións. Neste punto, temos  que  contar coa sensibilidade política da  UE, Goberno central, autonómicos e locais   para  favorecer unha  actividade  económica de primeiro nivel no medio rural.

O máis importante é apontoar o sector lácteo e conseguir unha adecuada rendibilidade que impida a desaparición de operadores.

SONY DSC

 

Nuria  María Arribas é directora xerente de InLac  dende marzo do ano  2019.

 

Cooperación Galega (C.G.): Cando nace aInLac  e con  que  fin?

Nuria Arribas (N.A.).: A Organización Interpro- fesional  Láctea (InLac) é unha organización sen ánimo de lucro que se constituíu o 20 de xuño de 1997 e foi  recoñecida  como organización inter- profesional agroalimentaria do  sector  lácteo por Orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 28 de setembro de 2000, conforme establece a  Lei 38/1994, do  30 de  decembro. InLac é un instrumento de interlocución, vertebración e procura de  valor  e maiores oportunidades para todo  o sector:  agricultores, cooperativas e industrias lácteas.

Integra aos  responsables do  sector  lácteo de España:    Cooperativas Agro-alimentarias de España, a patronal de fabricantes FENIL e as organizacións agrarias ASAJA, COAG  e UPA. É un foro estable de discusión, aínda que  respec- tando sempre  os ámbitos de actuación propios de cada organización.

Os acordos alcánzanse por debate interno  entre as organizacións adheridas; requiren do consenso de  todas  para alcanzar acordos representativos que   respondan  ás  necesidades e  inquietudes de  todo  o sector:  fabricantes, cooperativas e gandeiros.

InLac é un instrumento de interlocución, vertebración e procura de valor e maiores oportunidades para todo  o sector: agricultores, cooperativas e industrias  lácteas.

C.G.: Cal  é a actividade principal?

N.A.: Traballamos para mellorar a vertebración e a sustentabilidade e xerar valor. Temos un sector vital para a economía, o emprego e o desenvol- vemento rural, que xera máis de 13.000 millóns de euros anuais e que  debemos protexer e impulsar. En  España   contamos, por   exemplo, con   máis de   19.800   gandeiros  e   gandeiras dedicadas á produción do leite e máis de 1.500 centros autorizados para a recollida e transformación de leite, responsables de  máis  de  30.000 empregos. Por iso, o sector  lácteo é un activo imprescindible para loitar  contra o avance da  España  baleira e promover novas oportunidades nestes territorios.

Neste  contexto, a  misión  de  InLac  é a  de  repre- sentar  os intereses  comúns da  cadea do  sector lácteo de  vaca, ovella  e cabra, deseñando, acordando e implantando medidas vinculantes dirixidas  cara á  súa  vertebración e estabilidade sectorial.

C.G.:  Cales  son as principais liñas de  traballo abertas e os seus obxectivos?

N.A.: A promoción dos alimentos lácteos españois  dentro dunha dieta saudable, sostible  e socialmente responsable é unha das liñas fundamentais da Interprofesional.

Tamén  estamos  a  traballar para  poñer aínda máis  en  valor  o  traballo das  familias  que  viven deste   sector,  o  seu  papel no  mantemento do tecido social  e  económico do  medio rural  e  a súa importancia na sustentabilidade ambiental. InLac  debe seguir  profundando na  difusión  e o coñecemento dos alimentos lácteos de vaca, ovella  e  cabra, promocionar o  seu  consumo e promover actuacións que  faciliten unha información  adecuada e veraz.

A vertebración sectorial será fundamental  se queremos asegurar o futuro das familias  e as empresas ligadas a  este  sector.  Para  lograr  este obxectivo, favorecemos o diálogo dentro da Inter- profesional, entre as organizacións membro, e fóra da  Interprofesional, por exemplo, coa Distribución e a Administración, co fin de chegar a acordos de utilidade para o sector, de promover a súa susten- tabilidade e protexer ás familias  que  viven del.

Doutro  lado, estamos a achegar máis a Interprofesional   ao   sector,  trasladando  o  traballo que se está realizando en prol do sector grazas á cooperación das  organizacións ASAJA, COAG  e UPA, FENIL  e Cooperativas Agro-alimentarias de España, e ao equipo da  propia InLac, ás familias e ás empresas que  fan posible e que  contribúen para que  siga funcionando.

C.G.:  Como  se reparte o financiamento entre os tres subsectores aos que representa a Organización: vaca, cabra e ovella?

N.A.: A cuarta extensión de  norma da  InLac  en vigor  fixa a achega económica de  produtores e transformadores en 0,00035 €/l  para os próximos catro anos  (vixente ata  o  31 de  decembro de 2026). Como modelo de  financiamento establécese  unha cota de  produción e unha cota de elaboración. Esta cota é igual  para produtores e elaboradores e para os tres tipos  de  leite  (vaca, ovella  e cabra).

O  orzamento estimado para 2023-2026  será  de 11,8 millóns  de  euros, e investirase  nas  mesmas liñas de traballo que  a extensión de norma anterior.

O   80%  dos   fondos    recadados  destinaranse a promoción e comunicación, activando campañas  que   poñan  en   valor   o  leite   e  os produtos lácteos de  orixe nacional, destacando as súas propiedades nutricionais e saudables, así como dando a coñecer o compromiso que  ten o sector  co  medio ambiente, o benestar animal, a sustentabilidade, a loita  contra o despoboa mento rural  etc.  Creáronse subliñas:  «Promoción e comunicación do  leite  e os produtos lácteos» e  «Mellora  da  imaxe  da  produción gandeira e a  sustentabilidade social  e ambiental da  actividade do sector lácteo».

O  7% vai  destinado á  vertebración  sectorial. O fin é fomentar a transparencia en toda a cadea láctea, elaborando e difundindo información de valor engadido e clave para todos  os axentes  do sector.

A liña de I+D+i, que  contará co 6% do orzamento, ten  como  propósito desenvolver estudos  e informes  sobre  asuntos  de interese  para o sector lácteo e poñer en  marcha proxectos de  ámbito sectorial, non  competitivo; contribuíndo á susten- tabilidade, modernización, profesionalización e desenvolvemento tecnolóxico do  sector  lácteo español. O 7% restante asignarase á  xestión  da extensión de norma.

Grazas  ás achegas obrigatorias do  sector,  InLac promoveu ambiciosas campañas de  promoción e comunicación como «3 lácteos ao  día», «Teléfono  Lácteo»  ou  «Quesea», incluídos programas con   apoio  financeiro da  Unión  Europea como

«Súmate á Xeración Láctea»  ou  «Conta  cos produtos lácteos europeos».  Recentemente, a Comisión concedeu  a  InLac  un  programa para promocionar  os  queixos   españois  en  EE. UU. durante 3 anos (2024-2026).

C.G.: Coexistindo na InLac entidades con intereses tan  diferentes  (sindicatos, cooperativas, industria), como  se xestiona a diverxencia?

N.A.: Con  diálogo e consenso. A Xunta  Directiva é  consciente de  que  unidos   e  traballando na mesma dirección obtemos máis  beneficios e apoios para as nosas cooperativas, fabricantes e gandeiros. Na Xunta Directiva nacional contamos con  representantes que  traballan de forma incansable para conseguir os acordos que  nos permiten avanzar cada  día.  O  actual  equipo está  conformado polo  presidente, Daniel  Ferreiro (Cooperativas  Agro-alimentarias de  España); o vicepresidente primeiro, Ignacio  Elola  (represen- tante de Fenil); a vicepresidenta segunda, Rosario Arredondo (COAG); o secretario, Ramón  Santalla (UPA); e o tesoureiro, Ramón Artime (Asaja).Todos eles son membros históricos, cun  profundo coñecemento do sector lácteo.

 

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Contacto
  • Trabaja con nosotros
  • Aviso legal
  • Política de calidad
  • Política de privacidad
  • Perfil del contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Quejas y sugerencias. Asesoramiento al ganadero
  • Canal Interno de Información
  • Comunicación a proveedores
  • Español
  • Gallego

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español
  • Gallego

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar proveedores Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
{title} {title} {title}