Pechan as compras de intervención a prezo fixo e abre o procedemento de licitación para a compra correspondente ao período que expira o 30 de setembro de 2016 .
Pechan as compras de intervención de leite desnatada en po a prezo fixo
Polo Regulamento de execución (UE) nº 2016/826 da Comisión, péchanse desde o mércores 25 de maio as compras de intervención de leite desnatada en po a prezo fixo durante o período de intervención que finaliza o 30 de setembro de 2016.
Así mesmo no devandito regulamento adóptanse as seguintes decisións:
* Aceptar a cantidade total das ofertas de leite desnatada en po recibidas ata o día 24 de maio.
* Aplicar un coeficiente de redución fixado nunha porcentaxe única de 10,4707% e un redondeo ao múltiplo de 25 kg inmediatamente inferior, ás cantidades recibidas o 24 de maio.
* Rexeitar as ofertas recibidas entre o 25 de maio e o 30 de setembro de 2016.
Apertura do procedemento de licitación para a compra de leite desnatada en po correspondente ao período que expira o 30 de setembro de 2016
Polo Regulamento de execución (UE) nº 2016/826 da Comisión, ábrese unha licitación para a compra de leite desnatada en po correspondente ao período de intervención que expira o 30 se setembro de 2016.
Así mesmo no devandito regulamento adóptanse as seguintes decisións:
* O prazo para a presentación das ofertas correspondentes á primeira licitación individual vencerá o 7 de xuño de 2016 ás 12.00 horas.
* As datas límite de presentación de ofertas para as seguintes licitacións individuais serán o primeiro e o terceiro martes de cada mes, ás 12.00 horas (hora de Bruxelas).
* Con todo se o martes coincide cun día festivo, o prazo vencerá ás 12.00 horas do día hábil anterior.
Pode consultar (arquivo PDF) o último informe do FEGA de stocks de manteiga e leite desnatado po en España premendo “Documentación 1”



