28/08/2015
- Un grupo de visitantes de diferentes países participou onte nun percorrido polas instalacións de Condes de Albarei, chegados a bordo do Bus do Vino
- O día 29 un grupo de familias de GaliciAME, asociación da Atrofia Muscular Espinal, participará nunha xornada con actividades para nenos e adultos centradas na produción vitivinícola

O 28 de agosto o último Bus da Ruta do Vino 2015 recalou en Condes de Albarei cun grupo de enoturistas de diversas nacionalidades. Os visitantes recibiron explicacións sobre o xeito de elaborar o viño e sobre as súas características nun percorrido pola bodega, seguido dunha cata do Albariño Condes de Albarei, que definiron como “fresco, con notas de flores brancas en nariz, cítricos, e destacando un punto salino”.
Responsabilidade Social Corporativa
Ademais, GaliciAMe escolleu a bodega como lugar para clausurar o Encontro de Convivencia Nacional de Familias AME (atrofia muscular espiñal), no que intervirán medio centenar de persoas. Condes de Albarei organizou actividades para dar a coñecer as orixes dos seus caldos aos nenos e adultos de GaliciAME, de acordo coa “filosofía de Condes de Albarei que abandeira a unión, o esforzó e a responsabilidade social corporativa exemplar”, segundo os representantes da entidade.



