- Obra Social “la Caixa” pon en marcha a súa primeira campaña nacional de recollida de cartóns de leite para ser entregados a Bancos de Alimentos de España.
- Poderase entregar leite en calquera das oficinas de CaixaBank de Galicia, entre o 9 e o 20 de maio.
Bancos de Alimentos de España, entidade sen ánimo de lucro que atende a 1.600.000 persoas, é a destinataria do leite que se reciba nas sucursais de CaixaBank, grazas á campaña “Ningún neno sen bigote”, emprendida con Obra Social “la Caixa”.
O programa “Ningún neno sen bigote” busca atender as necesidades de familias que se atopan en situación ou risco de exclusión social, ademais de promover o consumo de leite como alimento saudable e nutritivo pois, segundo a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), de media, un vaso diario de 200 mililitros de leite proporciona o 21% das necesidades de proteínas e o 8% das calorías e nutrientes necesarios para os menores de 5 anos.
En 2015, os Bancos de Alimentos de España distribuíron 24 millóns de litros de leite entre as persoas usuarias aínda que consideran que, sendo o consumo ideal de 1 litro por persoa e semana, a necesidade estimada de leite en España é de 83 M de litros ao ano, polo que existe un déficit de 59 millóns de litros.
Ademais das sucursais de CaixaBank, poderase establecer como punto de donativos calquera ente interesado en contribuír á causa.



