• Quejas y sugerencias.
  • Localización y Contacto
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español
  • Gallego
No Result
View All Result
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español
  • Gallego
AGACA
No Result
View All Result
Home Blog

Blood4Goods avanza novidades no proceso de transformar o sangue residual nos matadoiros

25 de noviembre de 2025
in Blog
Blood4Goods avanza novidades no proceso de transformar o sangue residual nos matadoiros

Researcher takes a probe of greenery in a round-bottom flask

Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Converter o que ata agora se desbotaba nun recurso útil e coñecer o estado actual do proxecto Blood4Goods foi o fío condutor da xornada ‘Do subproduto ao recurso: economía circular na industria cárnica agroalimentaria’, celebrada o pasado 16 de outubro. O encontro reuniu a entidades cooperativas, empresas cárnicas, centros de investigación e outras organizacións que puideron comprobar de primeira man como a investigación e a innovación permiten dar unha segunda vida ao sangue xerado nos matadoiros transformándoo en produtos con aplicación agrícola e alimentaria, así como outros subprodutos que ata o de agora non tiñan outro uso.

O director-xerente de AGACA, Higinio Mougán, foi o encargado de abrir as intervencións coa presentación dos progresos de Blood4Goods, que se atopa na súa segunda fase. Explicou que os traballos realizados ata o de agora permitiron completar a fase de obtención e caracterización dos hidrolizados proteicos, tanto de sangue porcina como bovina, constatando o seu alto contido en proteína e a estabilidade da materia prima, o que garante unha base homoxénea para os seguintes pasos. Engadiu que o proxecto tamén se centrou na creación dun bioestimulante agrícola a partir do hidrolizado de sangue de vacún.  Despois de múltiples probas de laboratorio e ensaios piloto, conseguiuse validar o prototipo en condicións preindustriais definindo o proceso de hidrólese, estabilización e envasado, e determinando as condicións óptimas de transporte e conservación do produto.

Outro dos traballos que explicou o director-xerente de AGACA foi a produción dun ingrediente en po rico en proteínas procedente de sangue de porcino, pensado para incorporar en alimentos funcionais e produtos cárnicos enriquecidos. O grupo de traballo realizou ensaios a pequena escala aplicando unha hidrólese química en dúas etapas. Tamén avaliaron distintos métodos de secado para identificar a técnica que proporcione un maior rendemento mantendo unha boa calidade sensorial. Ata o momento, incidiu, son cinco os lotes de hidrólese e se segue a traballar coa elaboración de novos lotes e coa análise nutricional do produto final para asegurar que cumpre cos requisitos técnicos e de calidade establecidos.

Respecto aos bioestimulantes, estanse a avaliar para a súa caracterización as mostras de hidrolizado de san gue de vacún para coñecer a súa idoneidade. Polo momento, indicou, observouse unha falla de homoxe neidade en varias mostras polo que se segue a traballar na mellora do proceso para aumentar a concentración de aminoácidos, principalmente. Unha vez validadas as mostras, realizarase a formulación do bioestimulante e elaborarase o produto en cantidade suficiente para o seu ensaio agronómico.

As seguintes fases, como o estudo organoléptico do hidrolizado proteico do sangue porcina, están en marcha ou a piques de comezar. Entre as fases finais atoparase a análise de viabilidade técnico-económica e ambien tal co obxectivo de pasar dun custo de 0,15 euros por litro de sangue a un beneficio potencial de ata 10 euros e cunha redución de 5500 toneladas de CO2 anuais.

A visión da industria da carne

O segundo relatorio correu a cargo do responsable de calidade e seguridade alimentaria de ANICE, Sergio Martín, quen explicou o impacto que ten a correcta
xestión do sangue nos matadoiros, un dos subprodutos máis difíciles de tratar polo seu volume e carga con taminante. Sinalou que Blood4Goods permite avanzar cara un modelo de reaproveitamento seguro e hixiénico do sangue, en liña coa normativa SANDACH, convertendo un residuo problemático nun recurso útil para a produción de bioestimulantes e ingredientes funcionais. Recalcou que esta transformación contribúe a reducir custos e emisións, pero tamén a mellorar a eficiencia ambiental do sector, que afronta cada vez máis esixencias legais e sociais en materia de sostibilidade.

A terceira intervención chegou da man de Antonio Moreno, investigador predoutoral da Universidade de Santiago de Compostela dos proxectos complementarios AGRORES e AGROMANURE. Ambos están centrados na valorización de residuos gandeiros mediante dixestión anaerobia. Explicou que o proceso permite obterbiofertilizantes orgánicos de calidade e biogás a partir de mesturas de xurros e lodos procedentes de industrias lácteas e cárnicas, e que os ensaios realizados na planta piloto de Lugo demostraron un bo rendemento enerxético e baixa presenza de contaminantes. Enga diu que se están a desenvolver ferramentas dixitais que axudan a decidir onde situar novas plantas deste tipo e calcular o seu impacto real, co obxectivo de integrar a produción de enerxía e fertilizantes dentro dun modelo agorindustrial circular e replicable.

A xornada pechou coa intervención de Araceli Orozco, consultora en innovación e sostibilidade, quen analizou o potencial real da economía circular no sector agroalimentario. Enmarcou o proxecto Blood4Goods nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), destacando que proxectos coma este non só reducen residuos, senón tamén crean valor engadido e fomentan novos nichos empresariais. Subliñou que a obtención de proteínas funcionais, biofertilizantes e biogás a partir de subprodutos animais demostra a capacidade innovadora do sector, pero advertiu da importancia de garantir viabilidade técnica rendibilidade económica e aceptación social, tres condicións imprescindibles para que a economía circular se traduza en resultados medibles e duradeiros.

 

Este Grupo Operativo como organismo responsable do contido foi beneficiario dunha axuda para a preparación e execución de proxectos de innovación de interese xeral por grupos operativos supraautonómicos da Asociación Europea para a Innovación en materia de produtividade e sostibilidade agrícolas (AEI-Agri), no marco do Plan Estratéxico da PAC de España (PEPAC); cofinanciadas ao 80 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural FEADER e ao 20 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

O montante total da axuda ascende a 599 959,81€ e o orzamento do proxecto a 599 959,81€.

Tags: Blood4GoodsFEADER
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Contacto
  • Trabaja con nosotros
  • Aviso legal
  • Política de calidad
  • Política de privacidad
  • Perfil del contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Quejas y sugerencias. Asesoramiento al ganadero
  • Canal Interno de Información
  • Comunicación a proveedores
  • Español
  • Gallego

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español
  • Gallego

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar proveedores Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
{title} {title} {title}