- O luns comeza o curso de Aplicador/Manipulador de Produtos Fitosanitarios (nivel básico), impartido por AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) en A Torre (Valdoviño), nas instalacións da Cooperativa de Lago.
- O curso, homologado pola Consellería do Medio Rural, permite obter o carné correspondente, para poder adquirir produtos fitosanitarios.
Unha vintena de persoas participarán na acción formativa, que rematará o 18 de maio. Trátase do terceiro curso que AGACA imparte en Valdoviño. A formación, estruturada en sesións prácticas e teóricas, vai especialmente dirixida a profesionais do sector agrario ou particulares con necesidade de empregar e adquirir produtos fitosanitarios para cultivos e habilita para a obtención do carné obrigatorio de aplicador/manipulador destas substancias.
O curso, que segue a outros realizados en Naraío, Narón, Lourenzá, Melide e Teixeiro, encádrase na labor formativa, adaptada ás necesidades das cooperativas, que desempeña AGACA para contribuír á profesionalización e avance do sector agroalimentario.



