- Esta fin de semana comezou o curso de Aplicador/Manipulador de Produtos Fitosanitarios (nivel básico), impartido por AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) nas instalacións do Concello de Lourenzá.
- O curso, homologado pola Consellería do Medio Rural, permite obter o carné correspondente, para poder adquirir produtos fitosanitarios.
Unha trintena de persoas están a participar na acción formativa, que comezou o día 2 e rematará o 14 de abril. O curso, estruturado en sesións prácticas e teóricas, vai especialmente dirixido a profesionais do sector agrario ou particulares con necesidade de empregar e adquirir produtos fitosanitarios para cultivos e habilita para a obtención do carné obrigatorio de aplicador/manipulador destas substancias.
O curso, que segue a outros realizados en Naraío, Valdoviño e Narón encádrase no labor formativo que desempeña AGACA para contribuír á profesionalización e avance do sector agroalimentario.



