- O 25 de abril comeza en Vilacornelle (O Val, Narón) a segunda edición do curso de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios.
- O 26 de abril terá lugar en Santaia (Teixeiro) un curso de renovación do carné de aplicador e manipulador de fitosanitarios.
- A formación, impartida por AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias), está homologada pola Consellería do Medio Rural.
Medio centenar de persoas participarán a próxima semana nos cursos organizados por AGACA. O primeiro deles, de Aplicador/Manipulador de Produtos Fitosanitarios, nivel básico, desenvolverase entre o 25 de abril e o 3 de maio na localidade de Vilacornelle (Narón) e habilita para conseguir o carné obrigatorio para tratar con produtos fitosanitarios. É a segunda vez que AGACA imparte estas clases en Narón.
O segundo, en Santaia (Teixeiro) está orientado a actualizar os coñecementos das persoas que xa conten co carné de nivel básico e precisen renovalo.
A formación, que está homologada pola Consellería do Medio Rural, trata dende aspectos técnicos como cálculo de cantidades, aplicación e propiedades dos fitosanitarios, ata seguridade e prevención de riscos para a saúde e o medio ambiente.
Estes cursos seguen aos impartidos en Naraío, Valdoviño, Lourenzá e Melide, e encádranse na labor formativa que desempeña AGACA para contribuír á profesionalización e avance do sector agroalimentario.



