- A Fundación Feiraco (que funciona como Centro Rede Eusumo) recibirá, o mércores, a estudantes de Compostela, cunha charla informativa, impartida por técnicos da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) para explicarlles o funcionamento do cooperativismo.
- As actividades son parte da Rede Eusumo para o Fomento do Cooperativismo e a Economía Social.
Santiago de Compostela, 16 de maio de 2016.- Técnicos de AGACA impartirán o día 18 unha xornada didáctica sobre as vantaxes do cooperativismo como fórmula de emprendemento e de crecemento laboral e económico para o alumnado de bacharelato IES Antón Fraguas, de Santiago de Compostela.
O obxectivo da actividade, enmarcada nun “Obradoiro de Emprendemento Cooperativo Eusumo”, é dar a coñecer este modelo de negocio aos mozos e mozas, para que o teñan en consideración ao finalizar os seus estudos, mostrándolles as experiencia de varios emprendedores que asentaron negocios no medio rural en diferentes sectores produtivos, desde a agricultura ata a artesanía.
Tras a explicación, visitaron as instalacións da cooperativa láctea Feiraco, para aprender o funcionamento dunha sociedade destas características.
Rede Eusumo
Asesoramento, orientación, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal definen a rede transversal de colaboración Eusumo, nacida no 2011 co impulso da Consellería de Economía, Emprego e Industria.



