— Subvenciones a cooperativas de la provincia de Pontevedra. Hasta 01/05/2026

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de las Bases en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y consultar las bases completas en el enlace “web”.

— Bases reguladoras de subvenciones dirigidas a cooperativas agroganaderas de la provincia de pontevedra para inversiones durante el ejercicio de 2026. Diputación de Pontevedra (BOPPO 62. 01/04/2026)

OBJETO 

Definir o conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión de subvencións ás cooperativas agrogandeiras legalmente constituídas da provincia de Pontevedra que outorgue a Deputación, segundo os principios de obxectividade e concorrencia competitiva.

O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

REQUISITOS DE ADMISIBILIDAD

Poderá solicitar estas axudas calquera cooperativa agrogandeira legalmente constituída da provincia de Pontevedra.

As entidades beneficiarias non deberán estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da LXS, e deberán estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.

OPERACIONES SUBVENCIONABLES

Son actuacións susceptibles de axuda as que apoien as entidades agrogandeiras en:
a) Investimentos para mellorar os servizos que presta a cooperativa: axudas para adquirir terreos, maquinaria agrícola, obras, construcións, equipos, instalacións, melloras en edificios e os seus accesos, equipos e sistemas informáticos, mobiliario e outros investimentos que sirvan para mellorar os servizos que prestan estas entidades.

b) A comercialización, a transformación e a valorización das producións.

c) A formación técnica e o asesoramento para desenvolver proxectos de investigación e innovación tecnolóxica.

d) O uso das novas tecnoloxías e das enerxías renovables e o aforro enerxético.

As axudas para maquinaria agrícola non serán compatibles con outras para o mesmo fin outorgadas por outra Administración pública.

As actuacións referidas deben ser rexistradas pola entidade beneficiaria en contas contables do grupo de inmobilizado.

OPERACIONES NO SUBVENCIONABLES

a) Os gastos que non teñan natureza de investimentos, de acordo co establecido na Orde EHA/3565/2008, de 3 de decembro, pola que se aproba a estrutura dos orzamentos das entidades locais (por exemplo: caixas de polistireno expandido, caixas plásticas non reutilizables, bolsas e láminas plásticas, material funxible, traballos de pintura e reparacións en locais ou instalacións, roupa e calzado de traballo, e outros similares).

b) O importe do IVE non se considerará gasto subvencionable cando sexa susceptible de recuperación ou compensación pola entidade, conforme ao artigo 31.8 da LXS.

c) Móbiles e tabletas (cotas anuais, subscricións e cotas de mantemento de programas).

d) Os gastos referidos a investimentos que non se correspondan cos obxectivos da convocatoria.

e) As actuacións que non teñan como finalidade a prestación de servizos ás súas persoas socias.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

– Número de persoas asociadas (ata 20 puntos).
– Volume de facturación da cooperativa (ata 15 puntos).
– Porcentaxe de mulleres que integran os órganos reitores da entidade solicitante (ata 15 puntos).
– Investimentos en proxectos innovadores (ata 10 puntos).
– Adecuado cumprimento e xustificación da subvención da última anualidade na que se presentou solicitude (ata 40 puntos).

CUANTÍA DE LA AYUDA

A porcentaxe máxima subvencionable será do 65 % dos custos subvencionables, coas seguintes limitacións:
– Importe do orzamento subvencionable de gastos da actividade: máximo de setenta mil euros (70.000 €).
– Importe da subvención: mínimo de seiscentos euros (600 €) e máximo de corenta e cinco mil cincocentos euros (45.500 €).

PLAZO DE EJECUCIÓN Y JUSTIFICACIÓN

A realización do investimento ou a actividade teñen que estar rematadas antes do 31 de decembro de 2026, e as entidades beneficiarias deberán xustificalas antes do 31 de marzo de 2027.

PLAZO Y LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE AYUDA

O prazo para presentar a solicitude da axuda estará aberto dende o día 2 de abril ata o 1 de maio de 2026.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulário normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

  • Facebook
  • Twitter