RESUMEN ELABORADO POR AGACA
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y consultar la Orden completa en español en el enlace “web”.
— ORDEN de 13 de marzo de 2026 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas a la reestructuración y reconversión del viñedo en Galicia y se convocan para el año 2026. Consellería del Medio Rural (DOG 58. 27/03/2026).
OBJETO
O apoio para esta intervención aplicarase ás viñas da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación, cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións de vide para calquera das superficies de viña da súa explotación.
A dita intervención ten como finalidade incrementar a competitividade das explotacións vitícolas, adaptar o cultivo da viña ao cambio climático e facelo ambientalmente máis sustentable.
O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
O código de procedemento é MR446A
REQUISITOS DE ADMISIBILIDAD
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas viticultoras e futuras viticultoras cuxos viñedos se destinen á produción de uva para vinificación e que cumpran coa normativa vixente en materia de plantacións de viñedo, para todas as superficies de viñedo da súa explotación e coas disposicións relativas ás declaracións obrigatorias do sector vitivinícola.
As comunidades de bens ou sociedades civís deberán facer constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe da subvención que se vai aplicar por cada un deles.
A superficie total reestruturada e/ou reconvertida será, como mínimo, de 0,2 ha para as solicitudes que se presenten de forma individual e de 1 ha para as solicitudes que se presenten de forma colectiva. As solicitudes individuais que formen parte dunha presentación colectiva terán que ter unha superficie mínima de 0,2 ha.
O ámbito territorial das solicitudes non será superior ao dunha provincia, agás que se faga en terreos dunha denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida (DOP/IXP) e que a súa zona de produción comprenda máis dunha provincia.
A superficie máxima elixible por solicitude será de 5 hectáreas por persoa viticultora e convocatoria.
Será obrigatorio, en todas as plantacións, o emprego de portaenxertos certificados.
OPERACIONES SUBVENCIONABLES
Esta axuda poderá concederse para as seguintes operacións:
a) Reconversións varietais, tamén mediante enxertos.
b) Recolocación de viñedos.
c) Replantación de viñedos cando sexa necesario tras o arrinque obrigatorio por motivos sanitarios ou fitosanitarios por orde da autoridade competente.
d) Melloras nas técnicas de xestión de viñedos.
OPERACIONES NO SUBVENCIONABLES
a) A renovación normal dos viñedos, cando as cepas chegasen ao final do seu ciclo natural ou vida útil
b) As superficies que foron beneficiarias desta axuda nas últimas 10 campañas, agás:
a. Para realizar unha operación de mellora de técnicas de xestión mediante un cambio do sistema de condución a outro mais sustentable, dos catro definidos nesta orde: emparrado, empalizada, espaleira e elevación individualizada.
b. Causas de forza maior ou circunstancias excepcionais que puidesen afectar á superficie, sempre e cando non se utilice a mesma variedade de uva de vinificación e o mesmo sistema de cultivo que había na dita superficie.
c) Custos de xestión cotidiana dun viñedo, protección contra danos ocasionados pola caza, paxaros ou sarabia, construcións de cortaventos e muros de protección contra o vento, vías de acceso e elevadores, adquisición de tractores ou calquera tipo de vehículos de transporte, arrinque de viñedos infectados e a perda de ingresos tras arrinque obrigatorio por motivos sanitarios ou fitosanitarios.
d) Superficies plantadas cunha autorización de nova plantación.
e) As operacións de replantación que vaian a levarse a cabo cunha autorización de nova plantación
f) A instalación do sistema de rega.
g) As accións executadas con material de segunda man.
h) Os custos de arrinque naquelas superficies onde se utilicen autorizacións de plantación.
i) O imposto do valor engadido (IVE), agás se non é recuperable.
j) A reestruturación e reconversión de viñedos naquelas hectáreas de regadío cando a persoa solicitante fose sancionada en firme pola autoridade competente en materia de auga por facer un uso ilegal deste recurso.
SOLICITUDES DE AYUDA
As solicitudes poderán ser:
- Individual
- Colectiva: mínimo 5 persoas viticultoras. Neste caso a solicitude executarase no marco dun acordo entre todas as persoas participantes, coa designación dunha única persoa interlocutora.
As solicitudes conterán as operacións a realizar, así como o detalle das accións en cada unha delas.
PERIODO DE SUBVENCIONABILIDAD
Serán subvencionables as accións realizadas con posterioridade á presentación da solicitude de axuda.
A Consellería do Medio Rural efectuará, con anterioridade á concesión das axudas, unha inspección inicial, na que non poderá haber unha plantación sen autorización, nin accións que xa estivesen executadas ou dese comezo a súa execución.
CRITERIOS DE PRIORIDAD
Establécense os seguintes criterios de prioridade:
- Nacionais:
a. Que no ano de presentación da solicitude non cumpran máis de 40 anos, ou no caso de persoa xurídica cando polo menos o 50% das persoas físicas ou do capital social cumpra ese requisito de idade: 5 puntos.
b. Que no ano natural inmediatamente anterior á presentación da solicitude contratasen un seguro agrario para o cultivo do viñedo: 4 puntos.
c. Persoa inscrita no Rex.Operadores de Producción Ecolóxica: 3 puntos.
d. Persoa inscrita nunha agrupación de tratamento integrado na agricultura (ATRIA) ou outras equivalentes: 2 puntos.
e. Persoa inscrita no Rex. Operadores de Producción Integrada: 1 puntos - Autonómicos:
a. Superficie en polígonos agroforestais, aldeas modelos..: 5 puntos.
b. Superficie nun programa coordinado polo Agacal de orientación ao mercado: 5 puntos.
c. Superficie viña baixo unha DOP/IXP maior ao 50%: 4 puntos.
d. Persoa agricultora profesional: 3 puntos.
e. Proceso de concentración de superficie: 2 puntos.
f. Explotación inscrita no Rex. Explot. Prioritarias do REGA: 1 punto.
g. Explotación de titularidade compartida inscrita no REGA: 1 punto.
h. Muller viticultora: 1 punto.
i. Solicitude presentada de forma colectiva: 1 punto.
CUANTÍA DE LA AYUDA
A axuda consistirá nunha compensación pola perda de ingresos (CPI) debida á execución da operación e nunha contribución aos custos (CCI) en que se incorren:
- Axuda por perda de ingresos (CPI)
a) No caso de replantación, o 0,99 da perda de ingresos.
b) No caso de reconversión, o 0,25 da perda de ingresos.
c) No caso de mellora de técnicas de xestión, o 0,25 da perda de ingresos.
d) No caso de replantación por arrinque por motivos sanitarios ou fitosanitarios, non se concederá esta axuda.
Para as parcelas situadas en Galicia, a perda de ingresos cífrase en 12.372,68 €/ha.
- Axuda por custos incorridos (CCI). Teranse en conta os custos unitarios recollidos no Anexo V da orde de axuda aplicando as seguintes porcentaxes:
a) Para replantación, reconversión ou mellora de técnicas de xestión:
a. 60% para as operacións en superficies con pendentes superiores ao 40%.
b. 50% para operacións cuxas persoas beneficiarias:
i. Estean inscritas no Rexistro de operadores de produción ecolóxica.
ii. Estean inscritas no Rexistro de operadores de produción integrada.
iii. Formen parte dunha ATRIA ou entidade equivalente.
iv. No ano de presentación da solicitude non cumpran máis de 40 anos.
v. No ano inmediatamente anterior contratasen un seguro agrario para a cultivo de viñedo.
c. 45% para o resto de operacións.
b) Para operacións de replantación por arrinque obrigatorio por motivos sanitarios ou fitosanitarios: 50%.
PLAZO DE EJECUCIÓN Y JUSTIFICACIÓN
O prazo de execución e xustificación destas axudas remata o 31 de xullo de 2027, incluído.
PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para presentar a solicitude da axuda estará aberto dende o día 30 de marzo ata o 30 de abril de 2026.



